"Isaías" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Profeta bíblico que redacta os capítulos 40-55 do libro de Isaías. Este conxunto de capítulos tamén se chama Libro da Consolación de Israel, coa inclusión dos catro cantos do servo de Iavé, quen leva a cabo a misión de salvación do pobo mediante a ensinanza e o sufrimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta maior de Israel. Profetizou o ano da morte do Rei Ozías (739 a C). Foi testemuña da destrución de Samaria. Interveu en Xerusalén, durante o reinado de Acaz (736-721 a C), ante o ataque sirio-efraimita ao ser asediado polos reis de Samaria e Damasco, e en tempos de Ezequías (771?-687? a C), durante os conflitos con Senaquerib, rei de Asiria. A súa mensaxe céntrase fundamentalmente no mesianismo: a elección divina de Xerusalén e a chegada dun Mesías, o Salvador, pertencente á dinastía do Rei David. Tras retirarse da vida profética, volveu co Rei Ezequías, a quen lle recomendou unha política de paz e prudencia. Segundo unha antiga tradición xudía, foi maritirizado polo Rei Manasés. A súa festividade celébrase o 6 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro do Antigo Testamento, o primeiro do grupo dos profetas. Está formado por unha compilación de oráculos, de distintos autores e épocas. Distínguense na primeira parte (capítulos 1-39) grupos de oráculos referentes a Xudá e a Xerusalén, aos pobos estranxeiros e un xuízo a todo o mundo, oráculos de esperanza semellantes á segunda parte do libro, narracións sobre a intervención de Isaías preto do Rei Ezequías. Os oráculos dos capítulos 1-12 e 28-33 son os que con máis seguridade se lle poden atribuír a el, nos que recrimina as inxustizas sociais, o afán de luxo e a boa vida, o engano relixioso que disimula as culpas co esplendor do culto ou as alianzas estranxeiras por falta de confianza en Iavé. A segunda parte do libro, amais do conxunto denominado Novo Isaías ou Deutero-Isaías -probablemente da autoría dun discípulo seu-, contén uns cantos sobre o sufrimento redentor dun personaxe misterioso, o Servente de Iavé. A terceira parte (capítulos 56-66), máis tardía,...

    VER O DETALLE DO TERMO