"JONS" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. Traballou nos observatorios de Estocolmo, Dorpat e Pulkovo. Estudiou os movementos irregulares do cometa Encke e analizou as observacións feitas desde 1819 para encontrar as perturbacións planetarias posiblemente responsables do seu movemento irregular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico sueco. Foi o descubridor do selenio, do cerio e do torio, e o primeiro en illar o calcio, o estroncio, o bario, o tántalo, o silicio, o vanadio e o circonio. A súa contribución científica máis importante foi o intento de establecer un primeiro sistema de pesos de combinación ou de pesos atómicos. Os resultados destas últimas investigacións, xunto coas leis de Dalton, Proust e Richten, foron publicados baixo o título de Éssai sur la théorie des proportions chimiques (Ensaio sobre a teoría das proporcións químicas). Introduciu a notación química actual e os conceptos de isomería, halóxeno, acción catalítica e radical orgánico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fusión de Falange Española de las JONS con Comunión Tradicionalista, polo Decreto de Unificación de abril de 1937.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación política fundada o 4 de outubro de 1931 pola unión de La Conquista Española, creada por R. Ledesma en xaneiro de 1931, e das Juntas Castellanas de Actuación Hispánica, creadas por Onésimo Redondo en xuño do mesmo ano. En 1934 uníronse á Falange Española.
-
PERSOEIRO
Autor dramático. Coñecido como Ben Jonson, escribiu numerosas comedias e dúas traxedias, Sejanus (1603) e Catilina (1611), en que sobre unha estrutura simple destaca o estudo de caracteres e a intención satírica. Entre as súas comedias destacan Every Man out of his Humour (1598), The Poetaster (1602), Volpone or the Fox (1605) e The Alchimist (1610).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e historiador sueco, irmán de Olaf M<nsson. Foi arcebispo de Uppsala (1523), e o triunfo da Reforma en Suecia fixo que se instalara en Roma. Escribiu Historia de omnibus Gotorum Suecorumque regibus (1554) e Historia metropolitanae ecclesiae Upsalensis (1557).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar noruego. Simpatizante do nazismo, colaborou cos alemáns durante a ocupación de Noruega (1940) e o seu partido, o Nasjonal Samling (Unidade Nacional), pasou a ser o único permitido no país. Xefe de goberno (1942), aboliu a constitución e o réxime parlamentario e, ao terminar a guerra, foi xulgado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO