"Jaén" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado entre La Campiña e Los Montes, preto de Guadalbullón (2.179 h [2001]). Do seu patrimonio cultural destacan o castelo árabe, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1949, e a igrexa e o convento de Santo Domingo (1530-1568), declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Andalucía, drenada polo río Guadalbullón (112.590 h [2001]). É o principal mercado de aceite de oliva da Península Ibérica, centro da área comercial máis importante do Alto Guadalquivir. Semella corresponder coa antiga Aungi. Conquistada polos musulmáns, dependeu do Califato de Córdoba e, posteriormente, da Taifa de Sevilla e de Granada. En 1246 Mu ḥ ammad ibn al’A ḥ mar cedeulla a Fernando III o Santo por un pacto de vasalaxe. Deprimida económica e demograficamente a partir do s XIX, en 1953 foi obxecto dun plan de desenvolvemento. Do seu patrimonio cultural destacan os baños árabes no hospital de San Juan de Dios, o castelo de Santa Catalina (ss XIII-XIV) e a catedral da Asunción, do s XVI con ampliacións dos ss XVII e XVIII, declarados todos eles Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunidad Autónoma de Andalucía (13.498 km2; 643.820 h [2001]). A súa capital é Jaén. Comprendida entre Sierra Morena, ao N, e o Sistema Subbético (serras de Montanilla, Cazorla e de Segura), ao S, o seu territorio está drenado pola conca do Guadalquivir, que ocupa o val intramontano situado entre ambas as dúas aliñacións. O principal recurso económico é a explotación das olivas. A súa rede urbana caracterízase pola macrocefalia da capital. O segundo núcleo na xerarquía de asentamentos é a cidade de Linares, que ten a metade de poboación que a capital (57.578 h [2001]). No seguinte nivel existen un par de cidades medias: Andújar (36.455 h [2001]) e Úbeda (32.926 h [2001]). Nun plano inferior están cidades pequenas como Martos (22.356 h [2001]), Bailén (17.593 h [2001]), Baeza (15.091 h [2001]) e La Carolina (14.780 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Rematou os seus estudos na Escuela Superior del Magisterio de Madrid en 1930, cunha formación inspirada na escola nova. Foi inspector en Pontevedra desde 1932, en 1935, foi trasladado a Zamora, ano en que viaxou a Xenebra para realizar traballos de psicoloxía e pedagoxía experimental e de psicoloxía infantil con J. Piaget e É. Claparède. Discípulo de Domingo Barnés, xunto con Peinado Altable, escribiron Psicología pedagógica. Lo subconsciente y la educación (1932) e Manual de Paidología (3 vol, 1933-1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Jaén, Andalucía, accidentado pola serra de Alta Coloma (4.375 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO