"Karadjordjević" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Serbia (1842-1858), fillo de Xurxo I de Serbia. Foi oficial do exército ruso. No 1842 substituíu a Miloš Obrenović como príncipe de Serbia. Durante o seu reinado consolidouse o principado e o réxime apoiouse nos funcionarios, na policía e no exército. Ilya Garachanin agrandou os territorios de Serbia, pero o príncipe (ás veces favorable a Austria e outras a Rusia) foi deposto (1858) pola Skupstina (Asemblea Nacional), que devolveu a Milos ao trono. No 1871, foi acusado de participar no asasinato de Miloš Obrenović, pero foi absolto.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía serbia fundada no s XIX por Djordje Petrović Karadjordje (Xurxo I de Serbia), de quen tomou o nome. Foron membros destacados Alexandre I de Serbia, Pedro I de Serbia, Alexandre I de Iugoslavia e Pedro II de Iugoslavia.
VER O DETALLE DO TERMO