"Kennedy" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo Canaveral.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra, compositor, arranxador e pianista de jazz. Coñecido co pseudónimo de Duke Ellington, estudiou arte decorativa antes de dedicarse á música e formar o grupo Duke’s Serenaders, que logo se convertería en The Washingtonians. Líder da orquestra, comezou as súas actuacións en distintos locais (Flamingo, Kentucky Club, Lafayette, etc) ata que a agrupación foi o grupo estable do Cotton Club (1927-1931). Adquiriu moita sona coas súas interpretacións cun estilo coñecido como jungle, caracterizado por determinados efectos sonoros obtidos coas trompetas e trombóns e cun repertorio dominado por melodías exóticas e polo blues. Fiel ás raíces musicais afroamericanas, harmonizou os ritmos latinos co swing e coa instrumentación orquestral. Tocou xunto a Jimmy Blanton, Ben Webster, Alvin Raglin, Billy Strayhorn, Lawrence Brown, Cootie Williams e Harry Carney, entre outros, e gravou con Louis Armstrong, Ella Fitzgerald, Count Basie, John Coltrane...
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de políticos demócratas estadounidenses. De orixe irlandesa e de relixión católica, establecéronse en Boston (Massachusetts) en 1850. Joseph Patrick Kennedy (1888-1969) fixo fortuna nas finanzas e iniciou a carreira política familiar como embaixador en Londres (1937-1944). Os seus fillos foron Joseph Kennedy (1915-1942), John Kennedy (John Fitzgerald Kennedy), Robert Kennedy (1925-1968), asasinado durante a campaña pola presidencia de EE UU, e o senador Edward Kennedy (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo Canaveral.
-
PERSOEIRO
Político demócrata. Deputado no Congreso en 1946 e senador en 1952, triunfou nas eleccións presidenciais de 1960, feito que o converteu no primeiro presidente católico de EE UU. En política interior tiña como obxectivos a ampliación da cobertura social e a integración da poboación negra, mentres que en política exterior propugnou unha política de coexistencia pacífica coa URSS, combinada con medidas imperialistas, como o desembarco en Cuba (bahía de Cochinos 1961) e o envío dos primeiros conselleiros estadounidenses a Vietnam. Baixo o seu goberno tivo lugar a crise dos mísiles de Cuba (1962). En 1957 recibiu o Premio Pulitzer pola súa obra Profiles in courage (1955). Morreu asasinado durante un desfile presidencial en Dallas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico anglicano. Bispo de Saint Albans (1970-1980), foi arcebispo de Canterbury e primado da Igrexa Anglicana (1980-1991). Interesado polo ecumenismo, mantivo contactos cos católicos e cos ortodoxos.
VER O DETALLE DO TERMO