"Kenya" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas perennes, da familia das cariofiláceas, de follas opostas e carnosas, flores actinomorfas e froito en cápsula. En Galicia está presente nas praias a especie H. peploides.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África oriental situado ao NL dos Grandes Lagos Africanos, entre Etiopia e Sudán ao N, Somalia ao NL, o Océano Índico ao SL, Tanzania ao S e Uganda ao O (582.646 km2; 29.904.000 h [estim 2001]). A súa capital é Nairobi.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O país está dividido en varias rexións: a primeira correspóndese coa chaira costeira, de pouca altitude; a rexión depresionaria do Rift Valley; unha meseta no centro- -norte, onde está o deserto de Chalbi, e outra meseta ao O. A ambos os dous lados da fosa tectónica álzanse os cumios volcánicos dos montes de Kenya (5.199 m altitude) e os de Elgon (4.321 m altitude). As diferencias climáticas son considerables debido ás diferencias do relevo. A maior parte das rexións situadas ao N do Ecuador teñen un clima cálido e seco, mentres que na metade S diferéncianse tres zonas: a costeira, cálida e húmida, a das terras altas, con clima temperado, e a rexión do lago Victoria, con clima tropical. O río de... -
CORDILLEIRAS
Cordilleira volcánica de Kenya, ao L do lago Victoria. Ten dous cumios; o Batian (5.199 m alt) e o Nelion (5.188 m alt).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Kenya ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Kenya.
-
-
PERSOEIRO
Político kenyano. Estudiou en Londres (1931-1946) e en Escocia adoptou o nome de Johnstone Kamau Ngengi. Foi dirixente dos kikuius e ao regresar ao seu país, fundou a Kenya African National Union (1946). Acusado de dirixir a insurrección do movemento independentista Mau-Mau, foi encarcerado polas autoridades británicas (1953-1961). Trala independencia de Kenya foi elixido primeiro ministro (1963) e presidente da República (1964-1978). Escribiu Facing Mount Kenya (1938) e Suffering without Bitterness (1968).
VER O DETALLE DO TERMO