"LEADER" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bailarina que, en grupo, interpreta coreografías breves durante as interrupcións dunha competición deportiva e que tamén celebra os puntos do equipo que animan, coa intención de darlles azos e de manter a atención do público. Ten a súa orixe nos EE UU, en concreto nos partidos de fútbol americano; estendéronse a todos os deportes nos que a dimensión espectacular é tan importante como a deportiva. Adoita vestir uniformes coas cores do seu equipo. A crecente profesionalización e a evolución do deporte europeo cara ao espectáculo, propiciou a incorporación dese modelo no continente, sobre todo nas disciplinas que, como o baloncesto, teñen estreitas vinculacións cos EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iniciativa Comunitaria que ten como obxectivo apoiar as actividades innovadoras de desenvolvemento do potencial endóxeno das zonas rurais, a través de axudas e subvencións. Vai destinada a grupos de interlocutores públicos ou privados que definan en común unha estratexia e medidas innovadoras para o desenvolvemento dun territorio rural de dimensión local. A iniciativa xurdiu en 1991, co LEADER I, que tivo lugar no período 1991-1994 e ao que lle seguiron o LEDER II (1995-1999) e o LEDER + (2000-2006). Está financiado polo fondo da UE e FEOGA-Orientación.