"Lapido" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • GALICIA

    Actriz. Iniciou a súa actividade no grupo afeccionado Tespis, para logo continuar a súa carreira no ámbito profesional, participando en diversos espectáculos como Xoana (1985) de Teatro do Atlántico. Posteriormente formou parte do elenco de espectáculos como A casa dos afogados (1991), Un soño de verán (1992) ou Valle-Inclán 98 (1998), realizados polo Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos elápidos.

    2. Serpe da familia dos elápidos.

    3. Familia de réptiles á que pertencen cobras, mambas e serpes de coral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora de Ensino Secundario. Presentou o seu libro Carmen, Carmela, Carmiña ao Premio Planeta en 1994. En marzo de 2001, a Audiencia Provincial de Barcelona admitiu a trámite a súa querela interposta contra o premio Nobel Camilo J. Cela a quen acusaba de plaxiar a súa obra en La Cruz de San Andrés, gañadora do Premio Planeta de 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fundador da Agrupación cultural O Sacho, publicou o poemario Ata romper o ceo (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu na Coruña. As súas armas traen, en campo de sinople, cinco seixos de prata, postos en aspa. Outra variante leva, en campo de azul, dúas árbores de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cura e guerrilleiro. Foi revisor de Gracia e Xusticia e presidente da Academia de Cánones de Santiago de Compostela. En Muxía, ao inicio da invasión francesa, dirixiu a xunta permanente do seu partido xudicial e comandou as tropas que se enfrontaban cos franceses na defensa de Corcubión. Cesado e perseguido, refuxiouse en Vigo e incorporouse á División do Miño coa que participou na Batalla de Ponte Sampaio. Na década de 1820 foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e provisor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Doutor en Dereito, foi letrado no corpo de Facenda, director da Caixa de Aforros de Santiago de Compostela e presidente do comité executivo da Exposición Rexional Galega de 1909. Militou no Partido Conservador e foi deputado polo distrito de Noia durante tres lexislaturas (1886-1896). Publicou Documentos del monasterio de Tojos-Outos (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO