"Laureano" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
GALICIA
Publicou artigos sobre temas relacionados coa música e a poesía en revistas como Grial, Galicia turística, Galicia en Madrid, entre os que se contan “Panorama da música galega. Aportación do mestre Rodrigo A. de Santiago”, “Noticia y glosa del Método completo de gaita” ou “Poesía de Miguel González Garcés. Nas faíscas do soño”. Achegouse tamén ao teatro coa publicación dos cadros líricos Romaxe a Teixido (1955), Cantiga (1956) e Era outra vez o muíño (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e mineraloxista, asinaba as súa obras como Laureano. Logo de estudar farmacia na Universidad de Madrid, o 28 de maio de 1874 foi nomeado catedrático de Farmacia Químico-Orgánica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi discípulo de Giner de los Ríos e un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. En Santiago de Compostela, xunto con Augusto González Linares, constituíu a cerna do grupo krausista na universidade. En 1875 foi apartado da cátedra como consecuencia da defensa que realizou da evolución e da divulgación das teorías evolutivas na cidade de Santiago de Compostela. Ao negarse a cumprir o decreto do ministro Orovio e defender a liberdade de cátedra, foi encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña. Unha vez liberado emigrou a París e despois a Estrasburgo, onde seguiu os cursos dos químicos Berthelot, Claude Barnard Groth e Hope-Seyler. En 1881, coa derrogación da circular de Orovio, Laureano volveu a España e, no 1888, ocupou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Exerceu en Viana do Bolo e destacou polo seu labor na epidemia da varíola de 1881. Director médico dos balnearios de Baños de Molgas, Sousas e Caldeliñas, editou unha memoria sobre as augas de Verín, premiada polo Real Consejo de Sanidad, Establecimiento hidro-mineral de Verín (provincia de Orense). Estudio físico-hidrológico de la estación balnearia de Verín (1901). Tamén publicou un informe oficial sobre as augas de Guitiriz en 1905.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Membro da Federación Republicana Gallega (FRG), foi elixido deputado en 1931. Ministro de Industria e Comercio (12.9.1933-8.10.1933), foi detido e encarcerado tras iniciarse a Guerra Civil. Emigrou a Bos Aires en 1951, aínda que regresou en 1952. Foi membro das Irmandades da Fala.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galego. Exerceu o sacerdocio e publicou Unha Noite na casa do Tío Farruco do Penedo (1885), obra galardoada nun certame literario de Lugo en 1877.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe latina, derivado do adxectivo laureanus, quizais co significado de ‘coroado de loureiro, vitorioso’. Presenta os hipocorísticos Louro e Lano. San Laureano (s VI) celébrase o 4 de xullo.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Sevilla. Ordenouse diácono en Milán. Tras ser nomeado arcebispo, combateu a herexía ariana seguindo as directrices do papa. Caeu prisioneiro dun rei ariano e morreu decapitado. Represéntase con vestimenta pontifical e leva como atributo unha azucena, símbolo da pureza, e unha espada como instrumento do martirio. A súa festivididade celébrase o 4 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bibliófilo, escritor e industrial. Foi un dos fundadores do primeiro Centro Gallego en Bos Aires e refutou a tese de que Cristovo Colón era galego. Publicou Cristóbal Colón. Su origen y su patria (1912) e Colombinos Art Nouveau: nuevo campeón. Un zapatero que ahorca el tirapié (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Emigrou a Cuba e ao seu regreso estudou maxisterio e exerceu como mestre en varias parroquias de Ourense. Especializouse no estudo da lingua, a historia, o folclore e os costumes de diversas comarcas ourensás, que plasmou en distintos traballos, como “Astrología y meteorología popular (La Gudiña)” (1957-1958) e “Notas encol da fala vianesa” (1973), incluído no Boletín Auriense. Ademais, publicou Contos vianeses (1958), que dividiu en relatos de encantamentos, relixiosos, de burlas, de animais e variados, e Contos pra nenos (1968), en que recolle relatos infantís de tradición oral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escuela de Artes Aplicadas de Granada, na École Grand Chaumiére de París e na Academia Artium de Madrid. Foi director do obradoiro de pintura da Fundación Villabrille de Cedeira (1985-1989). Nas súas obras está presente a paisaxe (rural, urbana e mariña), xunto coa figuración. Destacan El Muro, Teixido, Ría Ferrol-Chinero, El barquero e Vendedora de lunas (2001). Cultivou tamén a escultura e realizou La espera (1996) para o paseo marítimo de Lira (Carnota).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrou a Puerto Rico arredor de 1861 e posteriormente estableceuse en México, onde ingresou no exército do Emperador Maximiliano. Instalouse en Cuba, onde foi presidente da Liga de Comerciantes Importadores de Cuba. Deputado por La Habana, foi secretario da xunta do Partido Reformista, pertenceu á Comisión Arancelaria e en 1897 foi ministro de Agricultura, Industria e Comercio de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Vinculado profesionalmente a El Pueblo Gallego, tamén traballou como avogado. Membro do Partido Radical-Socialista, participou no Pacto de Lestrove (1930) e foi nomeado gobernador civil de Salamanca por Portela Valladares.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como nitodavila, comezou a debuxar á plumiña para despois traballar, case en exclusiva, ao óleo. A súa obra reflicte a estética natural do ser humano, que aborda desde a presenza do corpo e desde a evocación da persoa mediante bodegóns. Traballa sobre lenzo engurrado, pois non emprega o bastidor, cunha paleta de terras, vermellos e brancos. Realiza os retratos a tamaño natural e foxe do hieratismo do retratado. Entre as súas obras destacan Cabeza de Bautista (1999), Maestitia (2000), Mi padre (2000) e El Grano (2001).
VER O DETALLE DO TERMO