"Leiden" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Holanda Meridional, Países Baixos (117.191 h [2000]). Situada a pouca distancia do mar, é famosa pola súa universidade, fundada en 1575, cunha gran biblioteca e é, desde tempos antigos, un destacado centro cultural. Desde o s XIII tivo unha tradicional industria téxtil, na actualidade moi reducida. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas góticas de San Pedro e de San Pancracio (s XIV) e o museo no antigo mercado de panos (1639).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. O seu estilo é o resultado da unión das influencias italianas recibidas a través do seu mestre C. Engebrechtszoon, con elementos fantásticos que teñen orixe na pintura de H. Bosch. O seu naturalismo anuncia a pintura holandesa do s XVII. Entre as súas obras destaca Lot e as súas fillas, o tríptico do Xuízo Final (1526) e os gravados Ecce Homo e Camiño do Calvario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista alemán. Estudou o desenvolvemento das plantas e puxo as bases da teoría celular que formulou pouco tempo despois Theodor Schwann.

    VER O DETALLE DO TERMO