"Leyma" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Político e enxeñeiro turco. Traballou como enxeñeiro civil nos EE UU (1949-1951) e, ao regresar a Turquía, converteuse en dirixente do partido da Xustiza. Vencedor nas eleccións de 1965, foi nomeado primeiro ministro (1965-1971), cargo que ocupou en posteriores ocasións (1975-1977, xullo-decembro 1977, 1979-1980) e no que mantivo unha política prooccidental e liberal, que favorecía os investimentos estranxeiros. En setembro de 1980 foi deposto por un golpe de estado do exército; como consecuencia, foi encarcerado durante un mes, disolveron o seu partido e inhabilitárono para a actividade política. Rehabilitado en 1987, fundou o partido da Recta Vía, co que se presentou ás eleccións de 1991, en coalición co Partido Socialdemócrata Popular. Nestas eleccións foi elixido primeiro ministro (1991-1993) e presidente da República, en substitución de Özal (1993-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo lácteo fundado en 1969 na Coruña, dedicado á comercialización de leite e derivados. Na década de 1980 transformouse en Cooperativa Agraria de La Coruña (CAP) e creou Quesos de Galicia SA (Quegalsa). En 1995 adquiriu a firma Lactaria Española SA, dedicada ao sector da fabricación de produtos lácteos e propietaria da marca Ram, e deu lugar ao grupo Leyma-Ram. En 1999 Puleva adquiriu o 75% do grupo Leyma-Ram e en xuño de 2000 comprou o 25% restante.

    VER O DETALLE DO TERMO