"Llanes" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Militar e nobre de orixe galega. Formado no Reino Unido, integrouse no rexemento español de Lisboa en 1771. Axudante do conde O’Reylly durante o sometemento de Louisiana ao poder español (1769-1790), ascendeu a xeneral de brigada en 1787. Como gobernador de Natchez entre 1789 e 1796 potenciou a creación de postos fronteirizos fronte á ameaza estadounidense, a sinatura de tratados coas tribos indias e a fundación de vilas, como San Fernando de las Barracas. Ascendido a brigadier dos Reales Ejércitos, foi designado en 1796 gobernador de Louisiana e de Florida occidental. Trala súa morte soterrárono baixo o altar da igrexa de Saint Louis de New Orleans. Escribiu Estado político de la Luisiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, estendido entre a serra de Cuera e a costa cantábrica (13.276 h [2001]). O sector servicios, especialmente o turismo, é o máis desenvolvido, seguido da gandería bovina e a industria láctea. Tamén destaca o sector da madeira e do moble. O conxunto histórico da vila foi declarado Ben de Interese Cultural en 1971.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Chile (132.034 km2;158.907 h [estim 2001]). A capital é Punta Arenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito de América do Sur, descuberto por Fernão de Magalhães en 1520, que separa o continente sudamericano de Tierra del Fuego e comunica o Océano Atlántico co Océano Pacífico. O único porto é Punta Arenas (Chile).
-
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi conselleiro de Radio Televisión de Galicia, e membro do Consello da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1992-2000). Foi concelleiro de Vigo (1983-1987) e vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra (1983-1987). Deputado nas Cortes (1986-1989) e senador (1996-2000) polo PP.
VER O DETALLE DO TERMO