"Lotario I" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
PERSOEIRO
Rei merovinxio (511-561) e franco (558-561), fillo de Clodoveo I. No ano 534 participou na conquista de Borgoña e no 558 conseguiu unificar o reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos francos (613-629). Fillo e sucesor (584) de Khilderico I e de Fredegunda, quen gobernara durante a súa minoría de idade. Tomou Austrasia ao ser chamado polos inimigos da Raíña Bruniquilda. Desembarazouse dos catro fillos de Teodorico II e converteuse en rei de todos os francos (613).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Occidente (840-855) e rei de Italia por cesión do seu pai (820-855), de Borgoña (840-855) e de Lotarinxia (840-855), fillo de Ludovico Pío. Foi asociado ao goberno e coroado emperador no 823. Á morte do seu pai loitou contra os seus irmáns, Luís o Xermánico e Carlos o Calvo, pero conservou Italia, Provenza e Frisia. No 855 dividiu os seus estados entre os seus fillos, Luís II, que foi emperador e rei de Italia; Lotario II, rei de Lotarinxia; e Carlos II, rei de Borgoña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lotario I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lotario I.
-
PERSOEIRO
Rei de Italia (947-950), fillo do Rei Hugo, conde de Provenza. Compartiu o goberno co seu pai desde 931. Foi envelenado por Berenguer II, marqués de Ivrea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Lotarinxia (855-869), fillo do Emperador Lotario I. Recibiu do seu pai os territorios entre o Rin, o Mosa e o Esclada, con Frisia. Á morte do seu irmán, o Emperador Luís II, anexionou Lyon, Arles e Vienne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Xermania e emperador romano-xermánico (1125 -1137), fillo de Gebhard, conde de Supplinburg. Foi nomeado duque de Saxonia (1106-1137) polo Emperador Enrique V, despois de derrotar o pretendente Conrado de Hohenstaufen. Durante o seu goberno nomeou papa a Inocencio II.
VER O DETALLE DO TERMO