"Lusitania" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Provincia romana que comprendía os territorios ocupados polos lusitanos e os vetóns. Abarcaba o territorio comprendido entre os ríos Douro e Guadiana, e polo L seguía unha liña que unía as actuais poboacións de Zamora e Talavera de la Reina, e despois os cursos dos ríos Pusa e Estena ata a súa desembocadura no Guadiana. Establecida en época de Augusto (27 a C) trala división da antiga provincia Hispania Ulterior, mantívose estable durante todo o Imperio e estendíase polos territorios dos lusitanos e os vetóns. Estruturábase nos conventos xurídicos Emeritense, Pacense e Escalabitano. A súa administración estaba dirixida por un senador, de rango pretorio, que ostentaba o título de legado augusto propretor. A capital foi Emerita Augusta (Mérida), fundada por continxentes militares que participaran na guerra contra os astures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División estratigráfica do Xurásico Superior intercalada entre o Kimmeridiano e o Oxfordiano, que comprendía como subestadios o Argoviano, o Rauraciano e o Secuaniano,   hoxe considerados facies do Oxfordiano e do Kimmeridiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Lusitaniano.

    VER O DETALLE DO TERMO