"MLE" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Gran Bretaña, un dos 32 distritos do Gran Londres, situado ao SL da área edificada da metrópole, preto do río Ravensbourne, afluente do Támesis. (295.584 h [1996]). Na súa arquitectura destaca o palacio dos bispos de Rochester (1.666) e a igrexa maior de estilo gótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de formación teatral creado en 1998 pola Deputación Provincial da Coruña, baixo a dirección de Manuel Lourenzo. O seu cadro de profesores está integrado por Santiago Fernández Fernández e Xesús Pisón Villapol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada polo centro de formación teatral do mesmo nome, que saíu do prelo en maio de 1999. Dirixida por Francisco Pillado Mayor, conta cun consello de redacción formado por Santiago Fernández, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón. Colaboran nela diversos ilustradores como Pepe Carreiro, Xurxo Fernández, João Guisán e Miguelanxo Varela. Divídese nas seccións: “Teatro galego”, “Especial Hamlet: Textos dramáticos”, “Especial Hamlet: Sempre Hamlet”, “Aulas” e “Documentación”. Entre os artigos máis destacados do seu primeiro número, dedicado a Hamlet, cómpre citar “Un teatro deconstrucionista”, de Xesús González e “Amleth, voz e verbo”, de Henrique Rabuñal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
círculo lítico.
-
PERSOEIRO
Inventor e industrial alemán. Foi director técnico da Gasmoterenfabrik Deutz de Colonia, empresa na que se construíu o motor de gas de catro tempos de velocidade regulable. En 1883 fundou un taller experimental en Cannstatt, onde estudiou un dos primeiros motores de combustión interna, o primeiro no que se empregaba gasolina como carburante, que incorporou primeiro a unha bicicleta (1885), a un vehículo de catro rodas (1886) e a unha embarcación. Patentou un gran número de perfeccionamentos mecánicos relacionados coa automoción. No ano 1890 fundou a Daimler Motoren Gesellschaft en Cannstatt, firma que construíu os primeiros automóbiles Mercedes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa automobilística alemá fundada en Stuttgart en 1926, como resultado da fusión de dúas empresas pioneiras: a Daimler Motoren Gesellschaft, fundada en 1890, e a Benz and Company, fundada en 1885. Coñecida pola súa produción de automóbiles de luxo Mercedes, desenvolveu tamén unha ampla actividade na fabricación de vehículos industriais, maquinaria agrícola e motores diesel. Fusionouse en 1998 coa empresa automobilística norteamericana Chrysler.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Película de curta duración que se proxecta en salas cinematográficas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traxedia de Shakespeare, escrita en 1601 e refundada definitivamente en 1606. Parte dun tema probablemente de Thomas Kyd (1580?), baseado na lenda escandinava do príncipe Hamleth, e das Historias Tráxicas de Belleforest, o autor narra a historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, e a loita co seu tío Claudius, asasino do seu pai, usurpador do trono. Hamlet é un dos mellores personaxes símbolo do shakesperianismo, e representa a dúbida.
-
PERSOEIRO
Político alemán. Xefe da SS (1929), da Gestapo (1934) e do conxunto das forzas policiais do Reich (1936), durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu as actividades represivas e impulsou o exterminio dos xudeus. Capturado polos británicos en 1945, suicidouse antes de ser xulgado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra dramática de Álvaro Cunqueiro, escrita no ano 1958. O Hamlet de Álvaro Cunqueiro remite á traxedia da vinganza (revenge tragedy) de W. Shakespeare, pero incorpora ingredientes edípicos e elementos típicos do teatro do s XX. Dunha textura erudita e mítica, profundamente lírica, a peza presenta como novidade no asunto hamletiano o descubrimento da verdadeira paternidade de Hamlet, verificada a través da técnica do teatro dentro do teatro, técnica que xa estaba presente na peza de Shakespeare. Pesimista, tráxica e existencialista, a obra acaba sendo unha grave e reiterativa interrogación sobre a existencia humana, e dentro dese universo, sobre o sentido e a esencia do amor. O 31 de agosto de 1959 foi estreada baixo a dirección de Antón Naveyra, polo grupo Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña. En 1991 o Centro Dramático Galego, coa dirección de Ricard Salvat, promoveu a primeira representación profesional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movimiento Libertario Español.
-
CAPITAIS
Capital do ma ḥ oz Central, Israel, situada ao SL de Tel-Aviv-Yafō (60.400 h [1997]). Fundada polos árabes (716), foi ocupada por Balduíno IV de Xerusalén, que venceu alí a Saladino (1178). Conquistada polas forzas israelís (1948) e repoboada por xudeus, nela permaneceu unha minoría árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Opúxose ao pietismo pola súa teoloxía racional. Aplicou o método crítico-histórico á Biblia, o que lle abriu o camiño á libre interpretación.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Inglaterra, situada no condado metropolitano de Londres, ao L da City, foi un dos 32 distritos do Gran Londres (196.106 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO