"Mackenzie" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e mecenas. Catedrático de Belas Artes en Oxford (1946-1950 e 1961-1962), foi director da National Gallery (1934-1945) e presidente da Arts Council of Great Britain (1953-1960), entre outros cargos. Foi autor de The Gothic revival (O rexurdimento do gótico, 1930), Landscape in Art (A arte da paisaxe, 1949), The Nude (O nu, 1956), e de numerosas monografías entre as que destacan Leonardo da Vinci (1967) e Piero della Francesca (1961). Publicou dous libros autobiográficos: Another Part of the Wood (Outra parte do bosque, 1974) e The Other Half (A outra metade, 1977). Realizou a serie televisiva Civilisation (Civilización, 1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río dos Territorios do Noroeste, Canadá. Nace nas Montañas Rochosas, co nome de Athabasca, atravesa o lago homónimo e o Great Slave, e cando sae adquire o nome de Mackenzie. Recolle pola dereita as augas do escudo canadense e pola esquerda a das Montañas Rochosas setentrionais. Desemboca, tras un percorrido de 4.600 km, en forma dun extenso delta no mar de Beaufort, no Océano Ártico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador escocés. En 1789 descubriu o río que leva o seu nome, desde onde chegou ata o Océano Ártico. Nunha expedición a través das Montañas Rochosas (1792-1793) chegou ata o litoral do Océano Pacífico. Publicou Voyages from Montreal at the River St Lawrence through the Continent of North America to the Frozen and Pacific Oceans (1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista británico. Comezou a escribir a peza de teatro The Gentleman in Grey (1907), pero inclinouse pola novela, como The Passionate Elopement (1911), Carnival (1912), Extremes meet (1928) e Extraordinary women (1928), así como unha triloxía sobre as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO