"Macrobio" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Escritor e gramático. Foi autor duns Comentarii in Somnium Scipionis, explicación matemática e astronómica do soño de Escipión e, ao mesmo tempo, teoría neoplatónica da ánima e a divindade, e dos Saturnalia, sete libros de diálogos baseados en temas gramaticais e no valor dos coñecementos retóricos de Virxilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal grego Makrobios, latinizado en Macrobius; e este, á súa vez, do adxectivo makrobios ‘de longa vida’, composto do adxectivo makros ‘longo’ e o substantivo bios ‘vida’. San Macrobio (s IV), mártir en Oriente, celébrase o 20 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de alimentación, considerado natural, que se basea na harmonía co universo e que recorre ás producións estacionais locais, segundo tradicións milenarias chinesas. Baséase no consumo de cereais integrais, fabáceas e pouca verdura. Evítanse as especias, os picantes e aderezos, así como o consumo de azucre, froitas tropicais, produtos animais, pesticidas e aditivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á macrobiótica.

    VER O DETALLE DO TERMO