"Malaquías" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Político chileno. En 1887 fundou o Partido Demócrata. Elixido deputado (1900-1918), foi tamén senador (1918-1921) e ministro de Industria, Obras Públicas e Ferrocarrís (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do hebreo Mal’akí ‘o meu mensaxeiro’ e que pasou ao grego e ao latín como Malachias. A festividade de san Malaquías de Armagh (1094-1148), primado de Irlanda, celébrase o 3 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profeta de Israel. Foi un dos chamados pequenos profetas que anunciou ao pobo de Israel a chegada dun anxo purificador ao tempo que chamou á conversión e realizou denuncias proféticas contra o pobo de Xerusalén, pola súa falta de temor a Iavé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade, bispo e primado de Irlanda. Abade de Bangor (1123), foi bispo de Connor (1125). Como primado de Armagh (1132- 1148) restaurou a disciplina da Igrexa e adoptou a liturxia romana. Realizou dúas viaxes a Roma (1139 e 1148) e introduciu a regra do císter en Irlanda. Canonizado polo Papa Clemente III o 6 xullo de 1190, a súa festividade celébrase o 3 novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro profético do Antigo Testamento datado na primeira metade do s V a C. Nel o autor dialoga e reprende o seu auditorio, ao mesmo tempo que anuncia a chegada dun anxo ao templo para purificalo.

    VER O DETALLE DO TERMO