"Mali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • Alteración constitucional da granulación de leucocitos plurinucleares neutrófilos e eosinófilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Taškent, Uzbequistán (116.400 h [1989]). A cidade xurdiu en 1951 ao pé das montañas de Kuraminskij Chrebet, a partir da implantación de explotacións metalúrxicas, dentro dos plans quinquenais stalinistas de desenvolvemento da Unión Soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arias son as hipóteses que tentan explicar a orixe deste antropónimo. Uns opinan que se trata dunha forma hipocorística antiga do xermánico Amalberga, composto de amals ‘valente, incansable’ e bergan ‘protexer’; así, moitos nomes da familia real gótica levaban este primeiro elemento amal. Outros relaciónano co apelido romano Aemilius/Amilius. En Inglaterra chamábanlle normalmente Emily á princesa Amelia, filla de Xurxo III. E aínda hai quen o remonta ao grego amelía ( ἀ μέλεια ‘despreocupación, abandono’); de feito,   está rexistrado o nome propio Amelios e posiblemente acabou producíndose unha confluencia da forma grega coa xermánica. Finalmente, tamén se pensa que nomes como Emma e Imma poderían ser variantes de Amalia. A festividade de santa Amalia (s VIII), celébrase o 10 de xullo. Este nome presenta como variante Amelia e como hipocorístico Lucha....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla dun príncipe franco que renunciou a casar con Carlos Martel para entrar no mosteiro de Maubege (Bélxica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo situado no barrio do mesmo nome en Copenhaguen, obra de Nicolai Eigtved (s XVIII), de estilo Rococó de influencia francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existencia ou vida animal, conxunto de atributos do animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintor ou escultor especializado na representación de animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de animalizar ou animalizarse.

    2. Desviación do desenvolvemento do embrión en estado de blástula que determina unha larva coas estruturas ectodérmicas hiperdesenvoltas, superficie recuberta enteiramente de cilios e falta de diferenciación do arquénteron e as espículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dotar das propiedades dun animal.

    2. olverse bruto, torpe ou adquirir característicaspropias dun animal.

    3. Representar en forma de animal.

    4. Converter en materia animal por asimilación.

    5. Fixar, ás fibras vexetais ou sintéticas, albumina ou outra substancia, xeralmente de orixe animal, para poder tinguilas de maneira parecida ás fibras animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Irregularidade, falta de conformidade cunha regra xeral.

    2. Cousa anómala.

      1. Distancia angular, tomando como centro o Sol, dende o perihelio dun planeta ata o punto da órbita no que se atopa o planeta (anomalía verdadeira) ou no que se atoparía, se o seu movemento fose uniforme (anomalía media).

      2. anomalía do Sol

        Arco de eclíptica, contado en sentido directo, que vai dende a liña das ápsides ata o Sol. Pódese referir ao Sol verdadeiro (anomalía verdadeira do Sol) ou ao Sol fiticio (anomalía media do Sol); a diferenza entre ambas recibe o nome de ecuación do centro.

    3. Irregularidade, particularmente orgánica, que presenta un individuo ou grupo de individuos respecto aos outros da mesma especie.

    4. Desviación dunha magnitude metereolóxica do seu valor normal. Acostúmase a considerar a anomalía térmica para indicar a diferencia entre o valor medio anual da temperatura nun lugar determinado e o valor que lle correspondería segundo a latitude.

    5. ariación dunha magnitude xeofísica debida á distribución irregular das masas na codia terrestre. A anomalía da gravidade é a diferenza entre o valor teórico calculado por un elipsoide ideal e o valor medido experimentalmente. Considéranse principalmente dúas anomalías: dunha banda, a anomalía ao aire libre, dada pola diferenza entre o valor da gravidade no punto do xeoide situado na vertical do punto no que se fai a observación e o valor teórico que resulta do modelo do xeoide; e da outra banda, a anomalía de Bouguer, que corrixe os efectos da masa da codia terrestre que hai debaixo do observador, entre este e o xeoide. Os modelos da isostasia indicaron que a anomalía podería ter dúas contribucións: a correspondente á topografía (elevación sobre o nivel medio) e a debida ás raíces que desprazan o material máis denso dentro do manto. Así, canto máis alta é unha montaña máis material denso do manto despraza, de maneira que a anomalía real é menor ca a que se esperaría...

    6. Trastorno producido a consecuencia dunha alteración na formación ou no desenvolvemento dun ou de diversos órganos do embrión ou do feto durante a xestación, e que, polo tanto, está presente dende o nacemento, aínda que pode pasar inadvertido durante un tempo, incluso ata a vida adulta. Pode ser de carácter hereditario ou debida a causas ambientais.

    7. aberración cromosómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entre os gregos e os latinos, gramático que sostiña que unha lingua está feita de irregularidades e de coincidencias fortuítas. Os anomalistas opóñense aos analoxistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha anomalía.

    2. mes anomalístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de anormal.

    2. Circunstancia que se produce cando a lingua propia dunha comunidade é substituída por outra. É dicir, cando se dá unha perda interxeracional do idioma estase a levar a cabo unha situación de anormalidade lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. De formación autodidacta, expuxo individualmente por vez primeira en 1959 en Madrid. A súa pintura inscríbese dentro da corrente neorrealista madrileña, e céntrase en visións frías e desoladas do mundo dos obxectos cotiás e a realidade urbana. En 1978 recibiu o Premio Goya da Villa de Madrid. En 1997 presentouse en Madrid unha retrospectiva da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antigo escravo armenio convertido ao Islam. Foi visir do Califa fatimita al-Mustan ṣ ir. A pesar da perda de Damasco (1076) diante dos turcos, tentou animar os últimos anos da xa decadente dinastía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ‘rei dos poetas’ (Mashhad 1886 - Teherán 1951) Escritor e político. Profesor na Universidade de Teherán e ministro de Educación Nacional (1946), é autor dun diván de estilo moi tradicional e de diversos estudios sobre lingüística e política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modo indirecto da cuarta figura do siloxismo da lóxica aristotélico-escolástica, no que as premisas son universais afirmativas e a conclusión particular afirmativa. Un exemplo deste xeito de trasposición das premisas para a súa conversión accidental en conclusión pode ser: “Se todos os humanos son animais / e todos os animais son mortais, / entón algúns mortais son humanos”. SIN: baralipton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cuarto Sultán mameluco bahrita. Escravo de orixe, destacou ao servizo dos aiúbidas, e a raíz da Batalla de ‘Ayn Ǧ ālūt (preto de Nazaret) apoderouse do Sultanato. A xesta heroica Sīrat Baybars e un conto de As mil e unha noites cantan o seu prestixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diferencia que existe entre a gravidade de Bouguer e o valor teórico da gravidade que corresponde a aquel punto do xeoide. É a anomalía que permanece despois de ter considerado os efectos da topografía local.

    VER O DETALLE DO TERMO