"Malm" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • Parte superior do Xurásico, dunha idade comprendida entre 163 e 144 millóns de anos, onde predominaron as calcarias de cor clara, moitas delas cun gran moi fino. Subdivídese, do máis antigo ao máis recente, en Oxfordiano, Kimmeridxiano e Portlandiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo edificado en 1622 na cidade de Rueil-Malmaison. Foi reformado en estilo Imperio por P. Percier e C. Fontaine, cando o adquiriu a Emperatriz Xosefina. En 1906 converteuse no Musée National de Malmaison.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Cultivou un tipo de teatro de carácter poético. Destacan Marvailh an Ene Naoniek (O conto da alma que ten fame), Gurvan ar Marc’hek Estranjour (Gurvan, o cabaleiro estranxeiro, 1923) e Ar Baganiz (Os pagáns, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non obedece ou que fai as cousas de mala gana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subxénero de cantiga medieval onde se presenta o tema da queixa dunha dona malcasada que se lamenta da súa situación, facendo o vituperio do marido, e que declara a súa preferencia polo amigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. As súas composicións seguen a liña de E. Tegnér e de V. von Heidenstam. Destaca a súa colección Os poemas á fronteira (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista sueco. Traballou nos campos da fonética e da romanística seguindo as liñas do estruturalismo e enlazando a corrente da escola de Copenhaguen coa de Praga. Das súas obras destacan Nya Vägar inom språkforskningen (Os novos camiños da lingüística, 1959), Språket ochmanniskan (A lingua e o home, 1966), Signes et symboles (1977) e Le langage-signe de l’humain (1979). Foi presidente da Sociedade Internacional de Ciencias Fonéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador e meteorólogo sueco. En 1926 tomou parte nunha expedición ao Polo Norte, baixo a dirección de Nobile, co dirixible Norge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Escania, situada no extremo S de Suecia (259.579 h [2000]). É un importante porto situado na baía de Lomma, na costa do estreito de Sund, fronte a Copenhaguen. Antigo centro hanseático, do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Pedro (s XIV) e o castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Hauts-de-Seine, Francia, situada ao O de París (73.469 h [1999]). A súa economía baséase na fabricación de pezas para a industria automobilística. Posúe un instituto de investigación petroquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO