"Mansilla" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo partido: primeira partición, de goles, cun florete de prata coa gornición de ouro, fixado; segunda partición, de sinople, cunha cabeza de mouro, cortada e tocada cun turbante de prata; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no páramo leonés, ao SL da capital provincial e drenado polo río Esla (1.754 h [2001]). A súa economía céntrase na agricultura e nas industrias alimentarias. Está situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago, e do seu patrimonio cultural destacan as murallas medievais, o convento de San Agustín e o mosteiro de San Miguel de la Escalada.
VER O DETALLE DO TERMO