"Moià" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Froito do chirimoio, grande, en forma de piña, verde por fóra, cunha carne abrancazada e manteigosa, dentro da que se atopan as sementes, grandes e negras. Consómese crúa, moi adecuada en ensaladas e similares. Pode empregarse para preparar mousses, xeados e sorbetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no altiplano do Moianès (4.344 h [2001]). A agricultura, de secaño, está dedicada principalmente aos cereais. A explotación forestal foi importante. A tradición industrial é moi antiga, concéntrase en diversas fábricas de fiados e tecidos de la, algodón e liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Alonso Sanches, en 1540 viaxou a Portugal, onde o seu avó servía ao Rei Xoán III. Este enviouno a Flandres recomendado ao pintor Mor van Dashorst. Ao seu regreso traballou como pintor de cámara en Valladolid, Toledo e Madrid. Destacaron os seus retratos (Príncipe Carlos, Isabel de Valois, Emperador Rodolfo II, Duque de Alba), inscritos no contexto manierista de aspecto aristocratizante. Cultivou tamén o xénero relixioso (Martirio de San Sebastián e Desposorios místicos de santa Catalina).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 moega.

    2. Medio ou conxunto de medios mecánicos empregados no teatro para facer os cambios de decoración ou os efectos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. 2 moega.

    2. Medio ou conxunto de medios mecánicos empregados no teatro para facer os cambios de decoración ou os efectos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO