"Monterrey" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación conservadora de periodicidade decenal que se editou en Verín a partir do 8 de xullo de 1920 e cesou en 1936. Subtitulouse “Órgano del partido liberal-conservador y defensor de los intereses generales del distrito”. Fundado e dirixido por Antonio Oterino Cid, contou coa colaboración de Eloi Luís André, Carlos Nieves, Miguel Hervella e Ruiz de Tudanca. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Eladio Fuentes e Ramón Fuentes Pazos. Trátase dunha publicación que ofrecía información local, poesía, relatos literarios e artigos nos que criticaba o seu opoñente El Támega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial establecida en Vigo en 1950 a partir da librería do mesmo nome. Fundada por Luis Viñas Cortegoso e Xosé Mª Álvarez Blázquez, caracterizábase pola produción de libros de bibliófilo en castelán ou galego, con tiraxes moi limitadas e presentación moi coidada. O primeiro libro que tiraron do prelo foi Roseira do teu mencer (1950), con poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Dividiu as súas obras en tres coleccións “Beatus Iacobus”, con textos raros, xeralmente apoloxéticos, “Leixado do vento”, con textos poéticos e dramáticos en galego, e “Frol e froito”, con prosa orixinal en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Auriense.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Nuevo León, México, situada nun val fértil, á saída dun paso da Sierra Madre Oriental (1.110.997 h [2000]). É un núcleo industrial, potenciado polas comunicacións ferroviarias con Laredo (Texas, EE UU), Ciudad de México e o porto de Tampico. Conta con industrias siderúrxicas, químicas de ácidos e fibras sintéticas, automóbiles, materiais eléctricos, elaboración de tabaco, cerámica e téxtil. Fundada en 1579, foi evanxelizada por relixiosos franciscanos. Foi pouco importante ata finais do s XIX, cando se fixo chegar o ferrocarril, que impulsou a industrialización.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en Verín a partir de decembro de 1935. Dirixido por Arturo Benito Silva, tratouse dunha publicación dedicada á defensa dos intereses locais da comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1950 a cargo da Editorial Monterrey. Cesou en 1968. Tratouse do catálogo da libraría anticuaria que existiu en Vigo co mesmo nome, propiedade dos irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez e Xosé Viñas, os fundadores da Editorial Monterrey (1950), a futura Editorial Castrelos. Ademais da información do catálogo de publicacións da libraría, incluíu publicidade das coleccións da editorial e artigos, un deles a cargo de Ferro Couselo. Saíu anualmente ata os últimos exemplares, que apareceron con irregularidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso mercedario. Durante o Cisma de Occidente (1378-1417) mantívose fiel a Castela e polo tanto, a Roma. Estableceu varias fundacións e escribiu Martirologio antiguo de la Orden de Nuestra Señora de la Merced.
VER O DETALLE DO TERMO