"Montfort" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (5.576 h [2001]). A terra cultivada, tanto de secaño como de regadío, está destinada especialmente ao cultivo de amendoeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe feudal francesa, establecida, desde 952 en Montfort, Île-de-France, no actual departamento de Yvelines. Os señores de Montfort descenden de Guillerme, fillo de Amalrico, conde de Hainaut, quen adquiriu a posesión feudal (952). O conde Simón III de Montfort adquiriu, a mediados do s XII, o condado de Leicester, en Inglaterra. Os seus fillos Simón IV de Montfort, célebre protagonista da cruzada contra os albixenses, e Guy de Montfort deron un relevo internacional á familia. Seguiron os fillos de Simón IV: Amalrico IV de Montfort e Simon de Montfort como condes de Leicester. A rama principal extinguiuse definitivamente arredor de 1295. O condado pasou sucesivamente ao conde de Dreux, ao ducado de Bretaña e á coroa de Francia.
-
PERSOEIRO
Nobre francés, fillo de Simón IV de Montfort e conde de Leicester. Establecido en Inglaterra desde 1230, casou con Leonor, irmá do Rei Enrique III de Inglaterra. Ocupou o cargo de gobernador de Aquitania (1248), pero a dureza da súa xestión fixo que tivese que volver a Inglaterra, onde encabezou a liga de baróns que arrebataron ao rei as provisións de Oxford. Xunto co conde de Gloucester, dirixiu a oposición (1258) e a revolta dos baróns (1264). Árbitro da política interna inglesa, foi vencido polos realistas na Batalla de Evesham.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rudolf von Ems.