"Montoro" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou El Ropero de Córdoba (Montoro, Córdoba? 1404? - 1480?) Poeta e xastre da Raíña Isabel a Católica. Xudeu converso, padeceu as persecucións do ano 1473 en Córdoba. A súa profesión propiciou as sátiras de poetas coetáneos como Juan Agraz ou Juan de Valladolid. No seu tempo sobresaíu como poeta satírico e burlesco, pero a súa composición máis coñecida é unha cantiga en loor da Raíña Católica onde, case hereticamente, se afirma que ela sería a nai de Xesucristo se nacese antes ca a Virxe María. Esta cantiga foi contestada por Francisco Vaca e Álvaro de Brito, entre outros autores. A composición “Ai, cuitado, agora siento”, recollida no Cancionero de Palacio baixo a rúbrica de Montoro, foille atribuída por diversos motivos: por un lado, debido ao seu prestixio literario (maior ca o de Juan ou de Alfonso de Montoro) e ao feito de que, no caso dos autores de gran popularidade, a simple mención do apelido abondaba para identificalo e por outra banda,...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña, á beira do Guadalquivir (9.407 h [2001]). Posúe unha agricultura de secaño, oliveiras principalmente e de regadío, con cultivos de algodón, hortalizas e remolacha azucreira. A economía compleméntase coa industria de transformación de produtos agrícolas. Do seu patrimonio cultural destaca unha ponte de 1500.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador habitual de ABC nos Países Baixos, é autor de estudos como Las mujeres en la historia (1927), Anecdotario de la Grecia clásica (1949), Como es Azorín? (1953) ou El romanticismo literario europeo (1964).
VER O DETALLE DO TERMO