"Morgana" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela en abril de 1999 e subtitulada “Revista Galega de Literatura Infantil e Xuvenil”. Editada por Atlántica de Información e Comunicación de Galicia e dirixida por Xosé A. Neira Cruz, céntrase na literatura galega e no consello de redacción conta con destacados autores galegos. Así mesmo, insire novidades editoriais en galego, portugués, castelán, catalán, éuscaro, francés e italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe lendario da tradición céltica e do ciclo da Táboa Redonda. Nos mitos británicos é a inimiga do Rei Artur e algunha lenda afirma que foi ela quen roubou a espada Escalibur. Apareceu por primeira vez en Vita Merlini (1151?), de Geoffrey de Monmouth, como unha feiticeira que tiña a capacidade de curar as feridas do seu medio irmán, o Rei Artur. Presente en toda a literatura cabaleiresca posterior, deu nome ao fenómeno da fata morgana, provocado pola refracción anómala da luz na atmosfera nas proximidades da terra.
-
-
Aplícase ao matrimonio dun soberano ou un príncipe cunha persoa de rango inferior.
-
Aplícase á persoa de rango inferior que casaba cun príncipe ou un soberano. Esta unión podía levar á perda dos dereitos á coroa dos contraentes e dos seus descendentes.
-