"Morrazo" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organizado en 1809 pola Xunta do Morrazo e por Juan Antonio Gago, natural de Marín, para loitar contra as tropas francesas durante a Guerra da Independencia. Formado por tres batallóns, á súa fronte situouse Joaquín Quijarro. Fusionouse co Batallón de Monforte, que se mantivo ata o ano 1812 mandado por Antonio Ponce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome aplicado incorrectamente ao concello de Cangas para diferencialo dos concellos asturianos de Cangas del Narcea e Cangas de Onís.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego que comezou a editarse na comarca do Morrazo no ano 1996, primeiro como quincenario e a partir do ano 2001 mensualmente. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou a mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara e coordinada por Carlos Fuentes, conta cun consello de redacción formado por Iria Santaclara, Raquel Rey e Afonso Fernández. Contén información de carácter xeral que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Marín. Insire unha sección dedicada a cada concello e, ademais, os apartados “Opinión”, “Deportes”, “Cultura”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe tamén reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo do motor, do fogar e da construción, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en 1902 en Marín co subtítulo de “Semanario de intereses generales de la comarca”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Bueu, Cangas, Moaña e parte de Marín e Vilaboa. Está composto por 17 parroquias matrices e 2 filiais.
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en Marín a partir do 2 de xaneiro de 1916. Cesou o 1 de outubro dese ano. Editado nos obradoiros tipográficos de Celestino Peón, en Pontevedra, subtitulouse “Semanario de información” e estivo fundado e dirixido por Raimundo Vidal Pazos. De tendencia liberal, foi un xornal preocupado polos problemas locais, e ofreceu información sistematizada dos concellos de Cangas, Bueu, Moaña e Marín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Cangas a partir de marzo-abril de 1991. Subtitulouse “Revista de información xeral” e cesou a súa edición probablemente no mesmo ano. Coordinada por X. Agulla Pizcueta e X. Santos Castroviejo, e deseñada por IDEGA, tentou converterse nun referente da información municipal na comarca do Morrazo. Incluíu disposicións lexislativas sobre vivenda e impostos, e artigos sobre sanidade, turismo, ciencia e tecnoloxía, e deportes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enterramento megalítico localizado no lugar de Gandón, na parroquia de Aldán (Cangas). Cuberta por unha lousa de superficie e forma irregulares, no cadrante SO ten varias cazolas gravadas; tres delas formando un conxunto. Contiña tamén unha anta de planta trapezoidal.
-
ENTRADA LARGA
Comarca rururbana situada no límite centro-occidental da provincia de Pontevedra, na península que lle dá nome, O Morrazo, que separa as rías de Pontevedra e Vigo. Limita ao N coa ría de Pontevedra, ao S coa de Vigo, ao O co Océano Atlántico, e ao L coa comarca de Pontevedra (concellos de Pontevedra e Vilaboa). Abrangue unha superficie de 140,7 km2, en que acolle unha poboación de 79.215 h (2001), distribuída nos concellos de Bueu (30,8 km2; 12.350 h), Cangas (38,1 km2; 23.981 h), Marín (36,7 km2; 24.997 h), e Moaña (35,1 km2; 17.887 h). A súa situación nunha península fai que a comarca sexa un espazo xeográfico ben diferenciado, pero non illado, xa que o proceso de urbanización e a súa situación entre as dúas grandes cidades pontevedresas fai que se una funcionalmente a elas. Deste xeito, Marín consolidouse como un centro portuario vinculado no ámbito socioeconómico a Pontevedra, mentres que no S, nos concellos que dan á ría de Vigo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península do litoral occidental de Galicia situada entre as rías de Vigo, ao S, e de Pontevedra, ao N. Trátase basicamente dun horst basculado en dirección SO-NL e atravesado por profundas fracturas e fallas. Administrativamente está dividida nos concellos de Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa.
VER O DETALLE DO TERMO