"Moscoso" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
PERSOEIRO
Profesor e escritor. Desenvolveu un intenso labor de divulgación no campo agrícola. Publicou numerosos estudios sobre a agricultura moderna na revista coruñesa Prácticas Modernas e textos escolares como Agricultura. Escribiu Técnica agrícola e industrial (1906) e Explotación racional de los prados como medio de aumentar la riqueza agrícola y ganadera de Galicia (1902). Outras obras súas son Los árboles, su utilidad, fomento y protección (1911), El castaño, instruciones para su propagación e Árboles interesantes para Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, en Roma e en París. Colaborou como debuxante en diversas publicacións e cultivou os temas clásicos, a pintura de historia, as escenas costumistas e, sobre todo, o retrato. Das súas obras destacan María Pita, El gaitero, El pescador, El pobre e El rico. Recibiu a medalla de prata nas exposicións rexionais de Santiago de Compostela (1875) e da Coruña (1878).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de san Paio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva, en campo de prata, unha cabeza de lobo de sable, linguada de goles e degolada. Algúns traen, en campo de prata, unha cabeza de lobo da súa cor, linguada de goles e degolada, sangrante.
-
GALICIA
Político, conde de Fontao. Na Guerra da Independencia (1808-1814) representou a nobreza e a cidade de Mondoñedo na Xunta Superior de Galicia e foi alcalde de Mondoñedo (1812). Participou no Pronunciamento Militar de 1820 (Ferrol). Foi deputado (1820-1821 e 1834-1838), presidente do Senado (1837), senador (1840-1841 e 1844-1845), ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1822), de Fomento Xeral do Reino (1834-1835) e gobernador de Lugo (1833). Defendeu o liberalismo pero situou a monarquía como eixe vertebrador do sistema político. Promoveu a educación de párvulos, de deficientes e de cegos, e participou na creación das Escolas Normais a partir da Escola Normal Central de Mestres de Madrid de 1839.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso, fillo de Lope de Moscoso Osorio, conde de Altamira e sobriño do duque de Lerma. Como segundo fillo desta familia nobre, nomeárono cardeal en 1615. Foi bispo de Jaén (1619) e arcebispo de Toledo en 1646. En Santiago de Compostela axudou aos dominicanos a reabrir o Estudio Xeral (1665), para o que doou importantes cantidades, que serviron para construír novas dependencias e a fachada pincipal de San Domingos de Bonaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Foi coronel do Estado Maior do Exército do marqués da Romana durante a invasión francesa (1808) á Península Ibérica. Destacouse como artífice do plano de batalla para o exército grazas ao que se tomou Villafranca del Bierzo (1809). Participou, posteriormente, na defensa de Asturias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Fillo de emigrantes, estudou en Santiago de Compostela, onde entrou en contacto con outros músicos. En maio de 1968 fundou, xunto con Benedicto, Xavier, Vicente Araguas, Alfredo Conde e outros, o colectivo Voces Ceibes. Deu numerosos recitais e gravou varios discos, entre os que destacan Acción Gallega (1977) e 7 anos de canción galega (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre e militar galego, fillo de Rodrigo Osorio de Moscoso. Criado baixo a tutela de Álvaro Osorio de Moscoso, bispo de Astorga, en 1537 creou a escuadra galega. Os Reis Católicos destinárono a Italia, onde foi capitán do exército na Guerra de Gaeta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político, duque de Terranova e marqués de Monasterio. Foi deputado co Partido Conservador polo distrito de Caldas (1891-1893) e designado senador por dereito propio (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano, irmán de Rodrigo Osorio de Moscoso, conde de Altamira. Tomou o hábito no convento salmantino de San Esteban en 1489 e en 1505 Fernando II de Aragón encomendoulle a educación do seu neto o príncipe Fernando, irmán de Carlos V. En 1515 nomeárono bispo de Astorga e foi confesor de Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e militar, conde de Altamira (1504-1510), fillo de Pedro Osorio e de Urraca de Moscoso. Herdou o título de conde do seu primo Lope Sánchez de Moscoso, morto sen descendencia. Foi nomeado capitán xeneral de Galicia polo cardeal Cisneros e participou na conquista de Mazalquivir e Orán. Destacou tamén como poeta, coas coplas e poesías “Diálogo entre el sentimiento y el conocimiento”, “Una compara” ou “Esparsa”. Morreu no asalto a Bougie.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Feminista e socialista utópica, avoa de Paul Gauguin. Coñecida como Flora Tristan, estivo influída polas doutrinas de Fourier e Saint-Simon e dedicouse a difundir o seu ideal de rexeneración social. Defendeu a liberación da muller, que consideraba intimamente relacionada coa liberación do proletariado. Publicou Pérégrination d’une paria (1838), Promenades dans Londres (1840) e Union des ouvriers (1843).
VER O DETALLE DO TERMO