"Narva" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CIDADES
Cidade de Estonia situada á beira do río homónimo (68.538 h [2001]). Fundada polos daneses (1223) e sucesivamente xermánica, rusa e sueca, foi recuperada por Pedro o Grande (1704). En 1918 formou parte da República de Estonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de València. Destacou durante a Primeira Guerra Carlista. A dinámica das loitas políticas levouno cada vez máis a intervir a favor dos moderados. Durante 1843 foi capitán xeneral de València. Desde 1844 ata 1868, con intervalos, foi presidente do goberno, ministro de varias carteiras e un dos máximos inspiradores de toda a política de conciliación que os moderados propugnaban en relación cos carlistas e coa Igrexa, a cambio de facer máis lenta a desamortización. Evolucionou cara a posicións máis conservadoras e máis autoritarias, e ao acabar o Bienio Progresista foi novamente, con intervalos, presidente do goberno. En marzo de 1867, as súas actitudes personalistas e autoritarias precipitaron a revolución de setembro de 1868.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guitarrista e compositor. Foi o autor de Los seys libros del Delphin de música de cifra para tañer la vihuela, unha obra que comprende 14 fantasías, dous romances, cinco panxoliñas e seis transcricións de polifonía vogal francoflamenga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Foi enviado a México polo gobernador de Cuba, Velázquez, para someter a Hernán Cortés, ao que atacou en Cempoala e ao que fixo prisioneiro (1520). Liberado en 1523, morreu nun naufraxio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero da orde dos cetáceos, desprovisto de aleta dorsal. A mandíbula superior ten dous dentes e o da esquerda desenvolveuse extraordinariamente nos machos, de maneira que se volveu unha defensa, de forma recta e retorcida sobre si mesma, cunha extensión de máis de 2,5 m. Habita o Océano Ártico, pero non máis ao S do círculo polar.