"Natalia" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Escritora portuguesa. Realizou os seus estudios en Lisboa. En 1979 foi deputada polo PSD e, posteriormente, deputada independente. Colaborou en diversos xornais e revistas, e fundou a Fronte Nacional para a Defesa da Cultura. Escribiu, entre outras obras: Rio de nuvens (1947), Passaporte (1958), Comunicação (1959), Cântico do país emerso (1960), O Homúnculo (1964), O vinho e a Lira (1966), A madona (1968), Epístola aos iamitas (1976), O dilúvio e a pomba (1979), Sonetos românticos (1990) e O sol nas noites e o luar nos dias (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Licenciouse na facultade de Belas Artes de Pontevedra (1997) nas especialidades de pintura, deseño e audiovisuais. Recibiu, entre outras, unha bolsa Erasmus e outra da Universidade de Kingston (Londres, 1995). Participou, entre outros, no III Taller Pablo Picasso de Unión Fenosa (A Coruña, 1997). As formas xeométricas (rectángulos, cadrados e trapecios) son unha constante nas súas composicións. A súa obra presenta un entrecruzamento plástico que se forma a partir da transparencia da mancha e de diversas liñas que percorren o lenzo dividindo o espazo e acoutando zonas. Malia a importancia da liña e do círculo, é a cor a que determina o maior poder de suxestión da obra na procura dunha expresividade en certo modo lírica que vai avaliada pola poética que suxiren os títulos. Entre outras obras, destacan Mancha de parto, As teas paridas, Un caserío de 1584. E dous marroquís, As miñas voces preferidas e No interior do meu corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Natalia Levi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista. Estudiou piano no conservatorio da Coruña e no de Madrid, onde obtivo o Premio ao Virtuosismo. Foi pianista titular da Orquestra da Ópera de Wiesbaden e presidenta da Sociedad Filharmónica Ferrolana e do Ateneo Ferrolano. É presidenta da Delegación do Patronato Rosalía de Castro de Ferrol e directora do Conservatorio Superior de Música. Ofreceu numerosos recitais en Alemaña, Francia e Suíza e gravou o primeiro disco de música galega de concerto, para piano, con obras de Andrés Gaos e Roxelio Groba. Recibiu o Premio Diana á muller do ano (1973) e a Insignia de Oro de la Ciudad de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora italiana. Coñecida como Natalia Ginzburg, foi representante da novela intimista italiana e colaborou nas revistas Solaria e Letteratura e na editorial Einaudi. Da súa produción destacan La strada che va in città, (1942), Tutti i nostri ieri (1952), Le voci della sera (1961), L’inserzione (1968), Mai devi domandarmi (1970), La città e la casa (1984) e a póstuma E’ difficile parlare di sé (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do latín Natalia, derivado de natalis ‘natal, relativo ao nacemento’. Considérase a forma feminina de Nadal. Presenta tamén o hipocorístico Lila. A súa festividade celébrase o 25 de decembro (equivalente a Nadal) e o 1 de decembro (a santa). San Natalio celébrase o 31 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III) Mártir. Casada con santo Adrián, mantivo a súa relixión en segredo ata que o seu home, oficial romano, se converteu ao cristianismo polo que recibiu martirio. Disfrazouse de home para estar a carón del no cárcere. A súa festividade celébrase o 1 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Natali Wood, caracterizouse polo seu temperamento dramático. Destacou en Rebel Without a Cause (1955), The Burning Hills (1956), Splendor in the Grass (1961), West Side Story (1961) ou Brainstorm (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO