"Ni de" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PERSOEIRO

    Historiador, poeta e novelista romántico. Promoveu a Renaixença catalana. Escribiu L’orfeneta de Menargues o Catalunya agonitzant (1862), primeira novela romántica en catalán, e recompilou poesías románticas en Los trobadors nous (Os novos trobadores, 1858). Entre os seus traballos históricos destaca a Historia crítica de la guerra de la Independencia en Cataluña (1886-1887). En colaboración con Adolf Blanch, é autor de Gramática de la lengua catalana (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Estudiou, baixo o mecenado de Alessandro e Benedetto Marcello, con Michelangelo Gasparini. Debutou en Venecia en 1716 con Ariodante, de Carlo Francesco Pollarolo. En 1723 interpretou Griselda de Pietro Torri en Múnic. Mantivo unha rivalidade con Francesca Cuzzoni. Casou co compositor Johann Adolf Hasse e instaláronse en Dresden, onde ela representou as súas óperas. Deixou os escenarios en 1751.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, filólogo e político. Iniciou a súa carreira no exército e participou na guerra contra Portugal (1762). En 1775 fixou a súa residencia en Madrid e ocupou diversos cargos públicos. Foi deputado en Madrid e, por encargo da Junta de Comerç de Barcelona, escribiu a súa obra fundamental: Memorias históricas sobre la marina, comercio y artes de la antigua ciudad de Barcelona (1779-1792). Coa invasión napoleónica refuxiouse en Sevilla e colaborou na tarefa de convocar as Cortes Xerais de Cádiz (1810). A súa obra trata temas filolóxicos e gramaticais, políticos e históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor italiano. Dunha grande actividade política, traballou nas universidades de Turín e Roma. Fundou a revista Filosofia delle scuole italiane e escribiu poesías de ton clasicista, como Inni Sacri (1832) e Nuove poesie (1835), e traballos filosóficos, como Confessioni di un metafisico (1850).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedopsiquiatra. Organizou, con Alfred Strauss, o primeiro consultorio de neuropsiquiatría infantil do estado español no Institut Psicotècnic de la Generalitat, dirixido por Emili Mira. Tamén con Mira i Strauss, creou o centro de investigación psicolóxica La Sageta. En 1940 fundou o Institut de Pedagogia Terapèutica, que dirixiu. Publicou La infancia anormal (1933), Oligofrenias (1942), Psicología del niño y del adolescente (1957), Niños psicópatas (1948), Els fills, sexe i educació e Els inadaptats (1970), entre outras. Cultivou tamén a novela en catalán e o ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Central, Turquía (7.831 km2; 322.446 h [1997]). A súa capital é Ni ǧ de (68.746 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado no sector noroccidental da illa de Eivissa, Illes Balears (15.081 h [2001]). A expansión das actividades turísticas fixo diminuír as agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (3.829 h [2001]). Ten cultivos de secaño, cereais, forraxe ou patacas, e industria téxtil, de xoguetes, da construción e talleres mecánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Sassetta, foi autor do políptico (1437), hoxe desmembrado, e do altar maior da catedral de Borgo San Sepolcro, co que mostrou un coñecemento das innovacións en perspectiva introducidas pola escola florentina. É autor tamén dun tríptico da Virxe co neno, san Martiño e o pobo (1433) e Visión de San Tomé que mostran a influencia de Duccio e S. Martini.

    VER O DETALLE DO TERMO