"Nicasio" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • GALICIA

    Pintor. Discípulo de Román Navarro, presentou a súa obra en varias exposicións provinciais. Pintor só de paisaxes e mariñas. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicasio Álvarez de Cienfuegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. De formación neoclásica, é un dos precursores do romanticismo. A súa obra poética recolleuse, por orde de Fernando VII, en dous volumes co título Obras poéticas (1816). Escribiu tamén traxedias e publicou unha serie de artigos que motivaron a súa deportación a Francia en 1908.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome grego Nikásios ‘vencedor, vitorioso’, derivado de níke ‘vitoria’. A súa festividade celébrase o 14 de decembro (o de Reims) e o 11 de outubro (o de Rouen).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Era bispo de Reims cando se produciu o ataque dos xermánicos e a lenda conta que un deles lle cortou a cabeza dunha machetada cando se atopaba na catedral cantando himnos. Con el foron martirizados a súa irmá e dous diáconos. Iconograficamente represéntase con vestiduras episcopais, decapitado e sostendo a súa cabeza coas mans. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Morreu decapitado xunto con dous diáconos. Iconograficamente represéntase decapitado e coa súa cabeza nas mans. A súa festividade celébrase o 11 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agapito Francisco Pajares Ojeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Fundou unha consignataria de barcos de pasaxe e de carga entre Ferrol e A Coruña que funcionou entre 1850 e 1914. Foi deputado polo distrito de Ferrol (1876-1884 e 1886-1891), senador pola provincia da Coruña (1891-1893) e alcalde de Ferrol (1885-1886 e 1889). Fundou e presidiu a Cámara de Comercio de Ferrol (1900-1905), a Escola de Artes e Oficios e o xornal La Monarquía (1886). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Fundou o primeiro obradoiro tipográfico estable de Ferrol (1837). Editou a Historia de Galicia, de Verea e Aguiar (1838) e os xornais El Águila (1845) e El Ferrolano (1846). O seu fillo Nicasio seguiu cos obradoiros e editou os xornais El Eco Ferrolano, El Pensamiento de Galicia e El Diario Ferrolano, ademais de obras de escritores como B. Vicetto ou F. Suárez.

    VER O DETALLE DO TERMO