"Niceto" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
PERSOEIRO
Político e xurista andaluz. Elixido deputado no 1905 como membro do Partido Liberal. Cando este se fracciona, incorporouse ao grupo de García Prieto, que o nomeou Ministro de Fomento (1917) e de Guerra (1922). No 1930 declarouse republicano e forma parte do Comité Revolucionario. En abril de 1931, cando se proclamou a Segunda República Española, presidiu o Goberno Provisional. Ante as posicións laicas e reformistas dos parlamentarios, demitiu en outubro, pero dous meses despois aceptou a Presidencia da República. Despois do triunfo da Fronte Popular (febreiro, 1936) foi destituído e marchou a Francia e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do grego Aníketos ( ἀ νίκητος) ‘invito, invencible’.
-
PERSOEIRO
Papa de orixe siria (154-165). Co seu compatriota san Policarpo, fixou a data da festa de Pascua. Segundo algunhas crónicas, morreu mártir en tempos de Marco Aurelio. A súa festividade celébrase o 17 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e farmacéutico. Discípulo de X. Casares Gil, licenciouse na Universidade de Santiago e doutorouse na Universidad de Madrid en 1926. En 1930 obtivo a cátedra de Técnica Física e Análise Química na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente dirixiu, na mesma universidade, o departamento de Análise Química Aplicada e Bromatoloxía-Toxicoloxía. Tamén ocupou os cargos de secretario, vicedecano e decano da facultade de Farmacia. Centrou o seu labor investigador no estudo da composición e do estado dos alimentos, así como dos hábitos alimentarios en Galicia. Entre as súas publicacións, destacan Síntesis de medicamentos orgánicos (1914), Contribución al estudo físico-químico de las aguas minero-medicinales de Galicia (1933) e Análisis de alimentos españoles. Composición química de moluscos y crustáceos gallegos (1941)
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e político. Licenciado en Ciencias Empresariais, foi un dos fundadores de Alianza Popular en Lugo. Exerceu, ademais, como intendente mercantil, catedrático da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Lugo e presidente provincial do Partido Popular (PP). Foi elixido deputado na II lexislatura e senador na III lexislatura, concelleiro do concello de Lugo e vicepresidente do PP. Membro do Colexio de Economistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome persoal grecobizantino Nikétas, variante de Nikétes ‘vitorioso’, ‘vencedor’, derivado de níke ‘vitoria’. Presenta a variante Nicetas. A súa festividade celébrase o 5 de maio (Niceto), o 20 de marzo (Nicetas o Confesor) e o 15 de setembro (Nicetas o Godo).
-
PERSOEIRO
Escritor e teólogo cristián. Escribiu diversos textos de catequese e foi considerado autor do himno Te Deum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi bispo de Vienne. A súa festividade celébrase o 5 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e profesor. Foi director xeral de ensino medio da Consellería de Educación (1987-1988) e, en 1988, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Promoveu a Lei de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA) pola que se crearon as universidades da Coruña e Vigo. Desde 1990 ocupou diversos cargos directivos no Grupo San José.
VER O DETALLE DO TERMO