"Nitrobacter" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de bacterias, da familia das nitrobacteriáceas, que presentan células en forma bacilar. Son bacterias aeróbicas, quimiolitótrofas obrigadas, e oxidan os nitritos a nitratos. Cando a concentración de nitrito é baixa o osíxeno pode ser tóxico na fase de crecemento. Multiplícanse por xemación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás nitrobacteriáceas.

    2. Bacteria da familia das nitrobacteriáceas.

    3. Familia de bacterias autótrofas, que comprende individuos que habitan no solo e transforman o amoníaco en nitritos e nitratos asimilables polos vexetais. Coñécense os xéneros que oxidan o amoníaco Nitrosomonas, Nitrosococcus, Nitrospira, Nitrosocystis e Nitrosoglea, e os nitritos Nitrobacter e Nitrocystus.

    VER O DETALLE DO TERMO