"Nivardo" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe xermánica, que chegou a través do latín medieval Nivardus ‘diferente’, ‘valeroso’, composto de nivja ‘novo’, ‘diferente’ e hardhu ‘forte’, ‘valeroso’. No santoral aparece dúas veces este nome: san Nivardo (s VII), arcebispo de Reims, e o beato Nivardo (s XII), compañeiro de san Bernaldo de Claraval. A súa festividade celébrase o 1 de setembro.
-
PERSOEIRO
Relixioso. De familia nobre, foi arcebispo de Reims en 649. Reformou os costumes da súa diocese, restableceu a disciplina do clero e restaurou varios mosteiros. A súa festividade celébrase o 1 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO