"Offa" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
REXIÓNS
Rexión de Guinea (6.001 km2; 141.719 h [1983]). A capital é Boffa (4.000 h [1965]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa e artista australiana. De ascendencia aborixe, licenciouse en Comunicación Audiovisual no Queensland College of Art. A súa obra, de contido autobiográfico, analiza os estereotipos sociais, especialmente aqueles que teñen que ver coa muller e os seus roles na sociedade. Expuxo a súa obra no Dia Center for the Arts (1997), de Nova York, na XLVII Bienal de Venecia (1998) e na Fundació La Caixa de Barcelona (1998). A súa obra está presente na colección permanente do CGAC.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Kwara, Nixeria, que está situada na intersección das estradas de Ilorin, Lafiagi e Ikirun (197.200 h [1996]). Localízase nunha rexión de sabana boscosa e constitúe un centro recolledor de millo, iñame, mandioca e outros produtos da zona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Mercia (757-796). Foi o primeiro en tomar o título de rei de Inglaterra. Casou dúas fillas súas cos reis de Wessex (789) e Northumbria (792), feito que contribuíu á consolidación da hexemonía de Mercia. Construíu o muro de Offa que separaba Inglaterra de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés de Uíbh Fhailí.