"Ohio" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

    1. Cabana de planta rectangular e con cuberta a dúas augas, construída polos antigos taínos das Grandes Antillas.

    2. Cabana ou casa rústica actual das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EEUU, afluente pola esquerda do Mississippi (1.550 km de lonxitude). Formado en Pittsburgh pola confluencia do Allegheny e do Monongahela, discorre en dirección O-SO e sinala o límite entre os estados de Ohio, Indiana e Illinois, ao N, Virginia ao O e Kentucky ao S. Unha axeitada rede de canais facilita a navegación en todo o traxecto, o que o converte nunha importante vía de comunicación entre as áreas carboníferas do curso superior e os centros industriais do seu val: Pittsburgh, Wheeling, Louisville e Cincinnati. Forma parte da rede fluvial que comunica cos Grandes Lagos e co sistema do San Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU, situado dentro da rexión dos Grandes Lagos (107.044 km2; 11.353.140 h [2000]). Limita con Michigan ao N, Pennsylvania e West Virginia ao L, Kentucky ao S e Indiana ao O. A súa capital é Columbus. Ocupa unha rexión chá que forma parte do altiplano apalachense e que comprende a parte dereita da conca do río Ohio. Ocupa o sector oriental da actual Corn Belt, aínda que, na actividade agropecuaria, predomina a cría de gando bovino de leite. Ten máis importancia a actividade industrial, favorecida pola existencia de petróleo e gas natural e tamén pola proximidade das concas hulleiras. A metalurxia de base e de transformación, as construcións mecánicas e eléctricas, o material de transporte, as industrias químicas, alimentarias e da madeira son as principais ramas industriais. Habitado por tribos miamis, shawnees, ottawas e iroqueses, o territorio do NO foi explorado no s XVII por xesuítas franceses, por R. R. La Salle (1670) e polo capitán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao músculo que vai desde a omoplata ata o óso hioide.

    VER O DETALLE DO TERMO