"Oran" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 135.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maxistrado da antiga Atenas que vixiaba o mercado e revisaba os pesos e medidas.
-
ILLOTES
Illote volcánico do Mediterráneo de acantilados avermellados. Situado entre Adra (Almería) e o cabo Tres Forcas (Marrocos). É a máxima elevación dunha dorsal submarina de dirección LO.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación do extremo occidental do mar Mediterráneo contiguo ao Estreito de Xibraltar e comprendido entre as costas de Andalucía, de Marrocos e da rexión de Orán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro sagrado dos musulmáns que inclúe a predicación de Mahoma. O nome árabe qur’an provén da raíz siria qryn, que significa lectura en voz alta. Tamén se chama furqan (discriminación entre o ben e o mal), dikr (amoestación), huda (guía), etc. O texto árabe actual do Alcorán é o resultado dunha longa elaboración. O dutus consonántico do texto determinouse na época de Utman (644-655); a súa vocalización, non obstante, é posterior. Consta de 114 suras ou capítulos, ordenadas segundo a súa extensión, agás a primeira (fatiha, que abre o libro). Cada sura contén un número de versículos (ayat) que oscila entre 3 e 286. Tamén hai outras divisións de carácter litúrxico, melódico, etc. Todas as suras, agás a novena, comezan coa frase chamada Basmala: “No nome de Deus, o Clemente, o Misericordioso”. A pesar da cuestión insoluble sobre a procedencia real de cada sura, as que están inspiradas na Meca adoitan ser máis concisas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Alcorán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutor ou expositor do Alcorán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘noiva’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘namoradeira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de amorantar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘namoramento’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘amor’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula nai das androsporas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘sino’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘compás’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura da República Centroafricana (58.200 km2; 35.760 h [estim 1989]). A súa capital é Ndélé (8.079 h [1989]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos hidruros de boro.
-
-
Composto constituído por boro, carbono e hidróxeno no que os átomos de boro e os de carbono forman unha unidade estrutural poliédrica, que se pode considerar derivada dun hidruro de boro, por substitución dun grupo BH - por un CH. Os carboranos prepáranse por reacción do acetileno (ou dos acetilenos substituídos) con hidruros de boro, mediante o uso de catalizadores básicos ou da descarga eléctrica silente.
-
Cada un dos tres isómeros do carbono do dicarbadodecaborano B 10 C 2 H 12 , nos que os átomos de boro e de carbono se colocan en forma de estrutura icosaédrica. O isómero orto- ou carborano normal é o máis coñecido dos tres; o isómero meta- ou neocarborano e o isómero para- obtéñense por reordenación térmica do primeiro. O núcleo destes carboranos resiste fronte ao ataque dos ácidos, dos álcalis e dos oxidantes, e unicamente orixina reaccións de substitución de átomos de hidróxeno no ataque con cloro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esporanxio, existente no carposporófito dos rodófitos, produtor de carposporas.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor portugués. Foi primeiro mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela e da de Braga, cargo que desempeñou dende 1613 ata o seu pasamento en 1637. Consérvanse diversas composicións da súa autoría, entre as que destaca unha das obras musicais máis antigas na que a arpa desempeña a función de baixo continuo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural situada en Santiago de Compostela. Dedicada ao mundo das artes plásticas e visuais, combina a súa actividade como centro de exposicións e sede dunha colección permanente. O seu primeiro director foi Antón Pulido, ao que sucederon Gloria Moure e Miguel Fernández-Cid. Ademais, o centro está rexido por un padroado presidido por José Luis Méndez López. Inagurouse en setembro de 1993 cunha mostra de Maruja Mallo. O edificio, obra de Álvaro Siza (1988-1993), sitúase nun enclave histórico significativo, próximo ao mosteiro de San Domingos de Bonaval e na entrada do Camiño Francés. O seu deseño está marcado por unha estética austera de liñas horizontais, nas que a presenza das placas de granito que cobren o exterior axudan a integrar a construción no contexto da cidade histórica de Santiago de Compostela. Desde o vestíbulo principal accédese ás salas de exposicións, ao auditorio e á biblioteca. Organízase en catro alturas: o soto onde se sitúa a colección permanente, a planta...