"Orestes" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Orestés ‘da montaña, montañés’, derivado de oros ‘montaña’. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe de Arcadia, fillo de Agamemnon, rei de Micenas, e de Clitemnestra. Cando aínda era un neno, o seu pai morreu asasinado á súa volta da guerra de Troia por Clitemnestra e Existo. Este último tiña a intención de dar morte tamén a Orestes, pero Electra, irmá deste, salvouno e mandouno á corte do rei de Fócida, Estrofio. Alí medrou e Apolo deulle a orde de vingar a seu pai. Co seu amigo Pílades volveu a Micenas e visitou a tumba de Agamemnon, onde deixou unha guedella da súa cabeleira. Electra, ao acudir á tumba do pai, recoñeceu a presenza do seu irmán e axudouno a dar morte a Clitemnestra e a Existo. Logo fuxiu a Delfos, onde foi purificado por Apolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Capadocia 304) Médico. Coñecido tamén como Areste, morreu martirizado. Na iconografía leva unha cruz colgada ao pescozo como atributo. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.