"Outeiriño" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre as de Fonte Cavada e Burro, na parroquia de Louro (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, irmán de Alexandre e José Luis Outeiriño. Militou no Partido Galeguista e foi responsable do seu voceiro, o semanario El Heraldo de Galicia. Dirixiu o diario La Región de Ourense, do que foi copropietario xunto co seu irmán Alexandre, entre 1932 e 1968. Escribiu varias comedias e contos na década de 1970, a maioría inéditos, e publicou o libro Cuentos de Orense (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, irmán de Agustín Ricardo e José Luis Outeriño. En 1933 comezou a traballar no xornal La Región como encargado da parte administrativa, á vez que ía adquirindo accións da empresa, ata que en 1951 foi nomeado presidente do seu consello de administración. En 1968, o seu irmán Agustín Ricardo vendeulle a súa parte das accións no xornal e abandonou o posto de director, que pasou ás súas mans. Recibiu a Medalla Castelao (1992) e a medalla de ouro do Liceo de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e empresario, irmán de Agustín Ricardo e Alexandre Outeiriño. Membro fundador do xornal Ferrol Diario, vicepresidente da Agrupación de Editores de Diarios Españoles e conselleiro da axencia EFE, foi presidente do Grupo La Región e de Rías Baixas Comunicación, editora de Atlántico Diario e La Región. Cofundador da Axencia Galega de Noticias e fundador da axencia Imagen Press e da empresa publicitaria 24 Diarios, os seus intereses empresariais levárono a crear a estación de esquí de Manzaneda (Ourense) e o Centro Comercial Paseo de Ourense. Foi membro da orde do Mérito Civil, do Instituto Internacional de Prensa e da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Director do Museo das Peregrinacións, foi subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia e dirixiu os traballos arqueolóxicos do xacemento castrexo de San Cibrao de Las (Punxín e San Amaro). Escribiu, entre outros, De ourivesaría castrexa (1982) e Sellos de alfarero en Terra Sigillata Itálica encontrados en Mérida (1990).
VER O DETALLE DO TERMO