"Pantaión" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Ourol. En 1392 Fernán Pérez de Andrade obtivo a licenza de construción desta igrexa e da de Santa María de Cabanas, aínda que o cabido de Mondoñedo se reservou os seus dereitos. Construída en estilo oxival nos últimos anos do s XIV ou principios do s XV, foi reformada no s XVIII. Ten unha nave con cuberta de madeira a dúas augas e unha capela maior, de máis altura ca a nave, con cuberta de madeira a catro augas. O arco triunfal é de medio punto. A portada principal está formada por unha arquivolta con arquiños lobulados que se apoia sobre columnas en ángulo. Dentro desta portada atópase outra de menores dimensións cun arco trilobulado. Diante da fachada hai un pórtico cuberto con saíntes laterais e cunha cuberta a dúas vertentes, na súa parte frontal está situada a torre formada por un corpo e unha balaustrada. O corpo das campás é de planta cadrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Pantoleon ‘león en todas as cousas’, ‘forte coma o león’, de pan, ‘todo’ e leon, ‘león’. Presenta as variantes Pantaón e Pantallón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da Commedia dell’Arte. Orixinario de Venecia, trátase dun vello encorvado, luxurioso e avarento, destinado a representar o papel de vixilante, sempre burlado, dalgunha parella de amantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 303?) Mártir. Foi médico do Emperador Caio Valerio Maximiano Galerio en Nicomedia e morreu martirizado durante a persecución de Diocleciano. Curaba de xeito case milagroso e os colegas denunciárono por cristián. Atormentárono e finalmente decapitárono. A súa festividade celébrase o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO