"Pareja" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, historiador e diplomático ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, xunto con D. Aguilera ou José de la Cuadra. A súa obra, marcada polo realismo, avanza na caracterización dos personaxes, na composición dos diálogos e nas reflexións monologadas, mentres que os temas reflicten a historia e a sociedade do seu país. Da súa produción destacan El muelle (1933), Hombres sin tiempo (1941), La hoguera bárbara (1944) e La Manticora (1974). Escribiu tamén os ensaios Thomas Mann y el nuevo humanismo (1956) e Ensayos de ensayos (1981). Recibiu o Premio Nacional de Cultura Eugenio Espejo (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi axudante de D. Velázquez e recibiu a influencia da pintura castelá da súa época. É autor de Vocación de san Mateo (1661), El bautismo de Cristo (1667) e do retrato El arquitecto José Rates.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi profesor de música en Salamanca e pasou máis tarde a Boloña, onde publicou a súa obra teórica Musica practica (1482), en que atacaba o sistema de Guido d’Arezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de armadores de buques de arrastre, as parellas, constituída no porto de Bouzas (Vigo) en 1899. Promoveu un lock-out que amarrou a frota de arrastreiros por máis de tres meses, a fins de 1932. Continuou a funcionar durante a Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO