"Parkinsonia" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
-
Que combate a enfermidade de Párkinson.
-
Axente que combate a enfermidade do Párkinson. Os fármacos antiparkinsonianos baséanse no feito de que o transtorno bioquímico fundamental desta enfermidade é un déficit de dopamina nos ganglios basais, o que produce un exceso relativo de acetilcolina. A levodopa, precursora da dopamina, é o fármaco de elección, xeralmente asociado a un inhibidor da dopadescarboxilasa. Outros fármacos utilizados son os anticolinérxicos, selexilina, amantadina, bromocriptina, lisurida e pergolida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores e arbustos, da familia das cesalpiniáceas, de follas bipinnadas, espiñentas e co pecíolo curto, e follas amarelas en inflorescencias laxas. Medran en rexións cálidas de América e África. Destaca a especie Parkinsonia aculeata, un arbusto espiñento de América tropical, que se emprega como ornamental en forma de sebe.
-
-
Relativo ou pertencente á enfermidade de Parkinson.
-
Que ou quen está afectado da enfermidade de Parkinson.
-