"Partido Republicano Radical" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Grupo político que se constituíu o 6 de xaneiro de 1908 en Santander, con ocasión dun discurso que pronunciou Alejandro Lerroux. Pretendía ser a cristalización organizativa do lerrouxismo en España, pero durante moito tempo a súa influencia centrouse case exclusivamente na cidade de Barcelona. Aínda así, nesta cidade, despois de ter un papel ambiguo durante os feitos da Semana Tráxica, perdeu parte do apoio obreiro que inicialmente acadara. Politicamente abandonou o revolucionarismo verbal anterior e institucionalizou unha rede de intereses económicos baseada no dominio do concello de Barcelona. Ademais, o seu peso nas eleccións lexislativas foi moi pequeno, coa única excepción das eleccións de maio de 1910. Debido ao seu españolismo, a súa influencia limitou o campo de manobra da esquerda republicana catalanista. Nas Cortes Constituíntes da Segunda República Española emerxeu como o segundo partido do Estado español pola consecución de 89 deputados. En Galicia distinguíronse tres sectores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político creado en Madrid en 1929 coa participación de M. Domingo i Sanjuán. Experimentou un rápido e espectacular crecemento baseado nun verbal radicalismo económico e social. Malia todo, sufriu numerosas escisións ata a ruptura das tendencias principais en setembro de 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO