"Pasarón" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
GALICIA
Mariño de guerra e escritor. Iniciou a carreira náutica aos 13 anos. Participou na loita contra os indíxenas de Mindanao en Filipinas e no combate de Callao en Perú. Foi nomeado secretario de Méndez Núñez e capitán de fragata, xeneral, contraalmirante e comandante en Filipinas durante a Batalla de Cavite (1898). Derrotado, foi suspendido dos seus cargos polo Consejo Supremo de Guerra y Marina de Madrid. Das súas publicacións destacan Manual naútico enciclopédico e León Aldao (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe galega.
-
Liñaxe galega que trae como armas en escudo partido: primeira partición, en campo de prata seis flores de lis, de azul, dispostas en dous paus e segunda, en campo de goles, tres paus de ouro. Outra variante trae, en escudo partido: primeira partición, en campo de azul, un voitre, ao natural e segunda, en campo de ouro, unha ponte de pedra pola que pasan uns mouros. Outra trae, en campo de goles, bordura de ouro e azul.
-
-
PERSOEIRO
Xurista, irmán de Ubaldo e Manuel Pasarón Lastra. Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo e pola provincia de Lugo (1850-1852) e intendente xeral de Cuba (1854-1856). Foi gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso. Escribiu Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias (1853), Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853 (1853) e La Isla de Cuba considerada económicamente (1858). O seu irmán Manuel Pasarón Lastra (Castropol s XIX) foi xuíz en Ordes, secretario da Audiencia da Coruña e deputado pola provincia de Lugo (1854-1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e poeta, irmán de Ramón e Manuel Pasarón Lastra. Capitán do exército, foi destinado a Hispanoamérica. Proxectou a construción dun dirixible para a navegación aerostática que non se chegou a realizar. A súa obra poética está moi vinculada ao romanticismo, se ben non segue o canon establecido polo movemento. Colaborador de diversos xornais madrileños, editou Compendio de la historia de los árabes y berebéres: dividida en cuatro épocas (1860), baseado en textos do cabaleiro Florián; e, ademais de diversas obras teatrais, publicou Poesías y Leyendas (1850), Instrución castrametaria o breve método para acampar la Infantería en yermos y despoblados (1861) e o estudo Pilotage aeronáutico (1862).
VER O DETALLE DO TERMO