"Pereda" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Exerceu en Verín e en Viveiro. Publicou en Douro-Litoral unha serie de voces galegas vivas en Verín, Viana, Celanova, Xinzo e Viveiro e que, posteriormente, a editorial Galaxia incluíu no apéndice “Vocabulario de voces que no figuran en el cuerpo de la obra” do Dicionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), de Eladio Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De estilo barroco, foi discípulo de Pedro de las Cuevas en Madrid e traballou uns anos na Corte de Filipe IV. Cultivou a pintura relixiosa, a natureza morta e as vaidades, nunhas composicións con gran coidado dos detalles e unha contrastada luminosidade. Da súa produción destaca El sueño del caballero (1670).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Residiu en Santander, aspecto que condicionou a súa obra. Deputado carlista en 1873, comezou a súa andaina literaria coa elaboración de breves cadros de costumes, como en Escenas montañesas (1864) e Tipos y paisajes (1871). Da súa obra, encadrada dentro da novela rexional e centrada na paisaxe e o ambiente da súa terra, destaca El sabor de la tierruca (1882), Sotileza (1885) e Peñas arriba (1894). Foi elixido membro da Real Academia Española (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO