"Plymouth" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da Igrexa evanxélica nacida en Plymouth en 1830 para tentar reunir membros de diversas confesións protestantes. Foron os seus dirixentes o pastor anglicano John N. Darby e o filántropo George Muller. En breve producíronse as primeiras divisións: Darby encabezou os exclusivistas ou pechados, que rexeitaban toda relación con outras confesións evanxélicas e coa práctica do bautismo dos nenos; mentres que os abertos, entre os que figuraba Muller, bautizaban por inmersión os crentes adultos, colaboraban cos protestantes doutras confesións e destacaban polo seu entusiasmo misioneiro.
-
CAPITAIS
Capital das illas Montserrat, situada ao S das illas (3.000 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Massachusetts, EE UU, situada na badía homónima (80 km2; 35.913 h [1980]). Foi a primeira colonia de Nova Inglaterra, fundada o 26 de decembro de 1620 polos emigrantes do buque Mayflower.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Inglaterra, Reino Unido, situado na costa sur da península de Cornualla (240.720 h [2001]). É un nó de comunicacións marítimas, terrestres e aéreas, e un importante centro industrial. Cidade desde 1311, no s XVI foi o porto de refuxio de Francis Drake e en 1620 partiu del o buque Mayflower cara ao N de América. Conserva moitos edificios dos ss XVI e XVII.
VER O DETALLE DO TERMO