"Punxín" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Punxín, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Carballiño, situado ao O da provincia de Ourense e ao S da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 18’ de latitude N e 7° 59’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Maside (comarca do Carballiño), ao S co de Cenlle (comarca do Ribeiro), ao L cos de Amoeiro e Ourense (comarca de Ourense), e ao O co de San Amaro (comarca do Carballiño). Abrangue unha superficie de 17,1 km 2 , en que acolle unha poboación de 907 h (2007), distribuída entre as parroquias de Barbantes, Freás, Ourantes, Punxín, Vilamoure e Vilela. A capital é o lugar da Forxa, situada na parroquia de Punxín, localizada a 17 km da cidade de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial do Carballiño.
    Xeografía física
    O relevo está formado por dúas importantes unidades, a superficie de erosión e o val do río Barbantiño. A superficie de erosión sitúase entre os 380 e os 450 m de altitude, e na parte occidental do concello...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, cinco crecentes de prata, enriba de cada un unha estrela de ouro, de oito raios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Punxín. Ten dúas plantas en forma de L, cun patio inscrito, que se limita polo propio edificio, e no que se sitúa un xardín. Conserva o muro de peche e unha inscrición de 1663. O escudo da fachada alude aos Jáudenes, Sarmiento, Bárcena, Somoza, Figueroa e Barrio.

    VER O DETALLE DO TERMO