"Quiché" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

    1. Relativo ou pertencente ao maia-quiché.

    2. Grupo de linguas da famila maia-zoque que se falan en América Central. Está formado polas linguas huaxteca, maia, mam, quiché e tzeltal, ademais do chol, antigamente falado desde Tabasco a Honduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo quiché ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo quiché.

    3. Pobo amerindio que vive no centro de Guatemala. En época precolombina desenvolveu unha cultura con capital en Utatlán e a súa orixe recóllese no libro Popol Vuh.

    4. Lingua do grupo maia-quiché do phylum amerindio que fala o pobo quiché e tamén os cakchiquels, tzutuhils, pokonchis e pokomams.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (8.378 km2; 655.510 h [2002]). A súa capital é Santa Cruz del Quiché (62.369 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO