"Ravenna" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Primeiro bispo de Ravenna, cidade á que, segundo a lenda, chegara na compaña de san Pedro e no seu mesmo porto foi martirizado ata a morte (200). Atribúenselle moitos milagres, como a curación dun cativo cego e a exorcización dun poseso. O primeiro en lle dar tratamento de mártir foi Pedro Crisólego (432-452). A súa veneración foi exaltada especialmente por Xustiniano, dedicándolle dúas basílicas. Pertence ao s VII unha Passio sancti Apollinaris, totalmente apócrifa. A súa festividade celébrase o 23 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diácono de Istria. Xustiniano I designouno arcebispo de Ravenna (546) e consagrou as igrexas de San Vital e de Sant’Apollinaire in Classe desta cidade. Na catedral aplicouse o seu nome á cadeira de marfil (s VI) situada na sancristía. A súa festividade celébrase o 22 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, situada en Emilia-Romaña, Italia (138.204 h [2001]). Cidade industrial, ten refinarías de azucre e de petróleo, explotacións de gas natural e fábricas de goma sintética. Capital do Imperio Romano de Occidente desde Flavio Honorio (402) e posesión de Odoacro, foi conquistada en 493 por Teodorico I, que a fixo a súa capital. Tomada por Belisario, xeneral de Xustiniano I (539), converteuse en capital do exarcado homónimo. En 751 ocupárona os longobardos e decaeu. En época dos emperadores Odóns, e aínda rexida polos seus arcebispos, recuperou parte do seu prestixio. O seu goberno pasou a mans de diferentes familias locais no s XII, entre 1509 e 1860 pertenceu aos Estados Pontificios, e logo uniuse a Piemonte. Dotada dun extenso patrimonio cultural, do s V son a catedral, reconstruída en 1734; a capela de San Lorenzo, unha pequena construción de ladrillos de planta de cruz grega e ciborio, de exterior simple e interior recuberto de mosaicos; o mausoleo de Gala...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Emilia-Romaña, Italia (1.859 km2; 350.879 h [2001]). A súa capital é Ravenna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ravenna. Tecelán de profesión, unha pomba pousoulle na cabeza mentras agardaba a elección do bispo e foi el o elixido. Viste con mitra, como bispo, e leva un peite para cardar a la e unha pomba sobre o ombreiro, como atributos persoais. A súa festividade celébrase o 1 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO